O PP non entende como a iniciativa da Deputación da Coruña chamada MercaNaVila deixa fora ó Concello de Ames. Desde o 20 de outubro os veciños de 82 municipios da provincia poden facer uso desta campaña de bonos, con un desconto total de cen euros, para utilizar no comercio. Quedan excluídos A Coruña, Santiago, Ferrol, Carballo Ribeira, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros ,Narón... e Ames, castigados por ter máis de 20.000 habitantes.
Non se entende que unha campaña pensada para axudar ó pequeño comercio deixe fora a dez municipios. A Deputación, presidida polos socialistas que tamén gobernan en Ames, non poden entender que o comercio de Ames sexa distinto ó de Boiro, Noia ou Betanzos, porque a quen se castiga non é ós veciños, que tamén, senón ós comerciantes aínda en maior medida.
MercaNaVila xa conta con máis de 900 comercios inscritos para participar nesta campaña dotada con seis millóns de euros en descontos para os clientes e que aspira a acadar unhas ventas de vinte millóns de euros no prazo dun mes xa que o 20 de novembro remata a promoción.
Os veciños que conten con un bono de MercaNaVila poderán acadar un desconto de cinco euros nunha compra de entre 20 e 30 euros, que será de dez euros se se pagan entre 30 e 50 euros no comercio e de 15 euros a partir de un desembolso superior ós 50 euros xa que esta iniciativa está pensada para que se realice máis dunha compra coa idea de dinamizar o comercio.
Non entendemos que o comercio de Ames sexa diferente e ademáis nos tempos que corren precisa de axudas e iniciativas deste tipo. Quedando fora desta campaña o que se fai desde a Deputación é crear unha competencia desleal xa que os veciños e o comercio de lugares limítrofes como Brión ou Teo vanse beneficiar duns descontos que non chegarán a Ames.
Tampouco entendemos desde o PP de Ames a pasividade do alcalde e do equipo de goberno que semellan conformarse con unha decisión arbitraria da Deputación que perxudica claramente ó comercio e ós veciños do municipio.




