Pestanas principais

O pleno do Concello de Ames aproba por unanimidade dos tres grupos municipais os catro puntos da orde do día

Venres, 27 de abril de 2012

[27-04-2012] O Concello de Ames aprobou na sesión plenaria celebrada onte por consenso unánime dos tres grupos municipais os catro puntos consignados na orde do día. Deste xeito, deuse luz verde a deixar sen efecto o acordo plenario de 25 de setembro de 2008 de posta a disposición de dúas parcelas no sector S-16 Galdrachán para a construción de vivendas de promoción pública. Agora, o Concello poderá dispoñer destas dúas parcelas.

Tarxetas de estacionamento e accesibilidade

O pleno celebrado onte aprobou a introdución de melloras no artigo da ordenanza que regula as tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, co fin de introducir modificacións que os técnicos do departamento municipal de Servizos Sociais consideraron necesarias tras a aplicación práctica do regulamento. Deste xeito, introdúcense cambios que permitirán procurar máis axilidade na expedición de ambas as tarxetas. Por exemplo, a partir de agora só se solicitará para a expedición do documento o certificado de discapacidade ou o informe dos equipos de valoración e orientación (EVO), non os dous.

Como novidade, introdúcese a comprobación dos trámites de expedición das tarxetas por parte dun administrativo, que será o profesional que recolla a documentación esixida e o responsable de cotexar que a persoa solicitante reúne os requisitos esixidos para darlle trámite á solicitude. Como consecuencia destes cambios, modifícanse os formularios que se empregan para expedir as tarxetas.

Limpeza viaria e xestión do punto limpo

Na sesión de onte procedeuse, por último, á aprobación da revisión coa empresa adxudicataria do contrato de limpeza viaria e xestión do punto limpo. Trátase dun procedemento ordinario, que se contempla no contrato asinado coa compañía Urbaser.


Na xornada de onte, tamén se acordou a elección de María Angélica Blanco Fernández como xuíza de Paz do Concello de Ames, e a revisión ordinaria coa empresa adxudicataria do contrato de limpeza viaria e xestión do punto limpo.

Por último, tamén se acadou unanimidade para aprobar a modificación da ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida e das tarxetas de accesibilidade, aprobada o pasado 25 de febreiro de 2010. O obxectivo foi introducir modificacións que se consideración necesarias tras máis dun ano de aplicación do regulamento.

Parcelas sector-16 e xuíza de paz

Un dos puntos aprobados onte permitirá deixar sen efecto o acordo plenario de 25 de setembro de 2008 de posta a disposición de dúas parcelas no sector S-16 Galdrachán para a construción de vivendas de promoción pública. Con esta decisión, o Concello de Ames poderá dispoñer agora destas dúas parcelas que no seu momento foron ofertadas polo concello á Xunta de Galicia para a construción de vivendas de promoción pública.

Ademais, os tres grupos municipais procederon á elección da xuíza de paz do Concello de Ames. A seleccionada por consenso foi María Angélica Blanco Fernández, licenciada en Dereito e en posesión do título de especialista en Administración Local e do título de experta en Dereito de Sucesións.

O pasado 23 de febreiro, o pleno procedeu a aprobar as bases para a elección que foron sometidas a exposición pública. Durante este período, presentáronse once solicitudes. O Concello ofreceu consenso ao resto de grupos municipais, que finalmente elixiron por unanimidade a María Angélica Blanco.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "El pleno de Ames ratifica por unanimidad la unión de parcelas en Galdrachán"