- Tematica
Este xoves, 29 de xaneiro, celébrase o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a solicitude de adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da FEMP, o convenio de colaboración para presentar de xeito agrupado unha solicitude de subvención para realizar un proxecto común para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas aditivas, e o plan estratéxico de subvencións 2026-2027. Ademais debateranse dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa, e para a creación e regulación dun recargo no imposto de bens inmobles (IBI) para vivendas desocupadas con carácter permanente. Por último, abordarase unha proposta do grupo municipal do Partido Popular solicitando unha actuación inmediata e definitiva na piscina descuberta de O Milladoiro ante anos de abandono, improvisación e mala xestión. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
O pleno comezará co alcalde dando conta á Corporación municipal dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria. Neste apartado tamén se dará conta de catro actas de Xunta de Goberno Local correspondentes ao meses de decembro e xaneiro. Na parte resolutiva, o primeiro tema que se abordará será a aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do mes de decembro celebrada o 29 de decembro de 2025.
A continuación, debaterase a solicitude de adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP); cumprir coas obrigas e exercer os dereitos que se establecen nas Normas de Funcionamento da Rede, aprobadas na Asemblea de constitución celebrada o 13 de xuño de 2025. Tamén se debe aprobar o gasto por importe de 1.500 euros correspondente á cota do exercicio 2026 a favor da FEMP, e impulsar actuacións que contribúan ao fortalecemento do sector gandeiro-cárnico.
Outro dos temas que se vai abordar é o convenio de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión, para o desenvolvemento conxunto do proxecto de prevención de condutas aditivas. Deberase aprobar, se procede, a encomenda de xestión acordada polo Concello de Brion que se formaliza a través de dito convenio. Dito convenio é necesario para concorrer á liña de subvencións, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o período que vai do 1 de xullo de 2025 ao 30 de xuño de 2028.
Plan estratéxico de subvencións 2026-2027
Por outra banda, vaise tratar a aprobación do plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames para o período 2026-2027. A duración do plan será de dous anos prorrogables por un ano máis mediante acordo expreso do Pleno da Corporación. Dito plan recolle unn gasto anual de 621.500 euros en concepto de subvencións municipais. O Concello concede ditas subvencións a favor de persoas, asociacións ou entidades privadas coa finalidade de fomentar a realización de actividades de utilidade pública ou interese social ou para promover a consecución de fins públicos atribuídos á competencia local.
Apartado de mocións e propostas
Ademais debateranse dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa, e para a creación e regulación dun recargo no imposto de bens inmobles (IBI) para vivendas desocupadas con carácter permanente. Por último, abordarase unha proposta do grupo municipal do Partido Popular solicitando unha actuación inmediata e definitiva na piscina descuberta de O Milladoiro ante anos de abandono, improvisación e mala xestión.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "O pleno de Ames debaterá o plan estratéxico de axudas 2026-2027"





