Pestanas principais

O Pleno debaterá a aprobación do expediente de licitación do servizo de axuda no fogar

Mércores, 27 de xullo de 2022

Este xoves, 28 de xullo, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de xullo. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do expediente de licitación do servizo de axuda no fogar; a probación do proxecto modificado de construción de beirarrúas na avenida da Maía e maila solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para poder executar dito proxecto. Ademais, tamén se abordará a subsanación do proxecto das obras de reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns, a aprobación do proxecto modificado das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas das escola infantil municipal O Bosque, e a adxudicación dos tres lotes incluídos no contrato do servizo de limpeza de instalacións municipais e centros educativos. Por último, tratarse a aprobación inicial do regulamento de títulos, honras e distincións do Concello de Ames e a resolución da alegación presentada e maila aprobación definitiva do regulamento do Consello sectorial da cultura.

O pleno comezará co alcalde dando conta á Corporación municipal dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria. No apartado de deliberación e acordo abordarase en primeiro lugar a aprobación da acta do pleno ordinario do mes de xuño. A continuación abordarase a subsanación do proxecto das obras de reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns, sufragadas a través do POS+ 2020, e maila aprobación do proxecto modificado das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas das escola infantil municipal O Bosque.

Outro dos puntos que se abordará será a probación do proxecto modificado de construción de beirarrúas na avenida da Maía e maila solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para poder executar dito proxecto. O contido da modificación de dito proxecto é  unicamente a actualización de prezos tendo en conta a normativa laboral aplicable. Cómpre lembrar que no pleno do 30 de xuño de 2021 aprobouse o proxecto técnico de dita obra, cun orzamento de execución por contrata de 301.205,72 euros, sendo a achega solicitada á Deputación de 240.964,57 euros o que representa unha porcentaxe de financiamento do 80%. O 20% restante será financiado polo Concello de Ames que ascende a 60.241,15 euros. O orzamento do proxecto non varia trala modificación realizada.

Tamén se vai debater sobre a aprobación inicial do regulamento de títulos, honras e distincións do Concello de Ames. Dito documento foi elaborado co obxectivo de dotar ao Concello dun regulamento municipal en dita materia. O borrador de dito regulamento foi sometido a consulta pública sen que se presentase suxestión algunha. Agora, se procede, deberá aprobarse o regulamento de xeito inicial para sometelo a información pública por un período de 30 días hábiles. No caso de que non se presenten reclamacións a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de forma automática.

Por outra banda, tratarase a resolución da alegación presentada e maila aprobación definitiva do regulamento do Consello sectorial da cultura. Estímase parcialmente as alegacións sobre o acordo de aprobación inicial do regulamento do Consello sectorial de Cultura que tivo lugar no pleno do 28 de abril de 2022. Deste xeito, modifícanse os artigos 3 e 4 do regulamento para que a presidencia do Consello sectorial de Cultura e do seu pleno corresponda ao concelleiro/a de Cultura.

Servizo de axuda no fogar
Por outra banda, a Corporación municipal deberá aprobar, se procede, o expediente de contratación do servizo de axuda no fogar do Concello de Ames (modalidade de SAF libre concorrencia e SAF dependencia). O contrato terá unha duración inicial de dous anos que irá de febreiro de  2023 a xaneiro de 2025. O orzamento base de contratación ascende a 3.008.652 euros (IVE incluído).
 
Tamén haberá que aprobar, se procede, os tres lotes do contrato de limpeza de instalacións municipais e centros educativos do concello, que engloba a realización de dito servizo nos centros de educación infantil e primaria e nas escolas unitarias; nas escolas infantís municipais; e nas instalacións de uso municipal.

Ademais, abordarase a desestimación dos recursos de reposición interpostos por Carmen Piñeiro Fernández, Juan Guardado Vázquez e Elvira Carnadas Fernández fronte ao acordo tomado no pleno do 30 de setembro de 2021 en referencia a un expediente de investigación patrimonial sobre un camiño de Oca. A desestimación dos recursos está motivada en que dito camiño é un ben de dominio público. Por último, se procede, aprobarase a recepción formal dun terreo previamente desafectado de 327 metros cadrados no cemiterio parroquial de Biduído.

Imaxe de arquivo do salón de plenos