Venres, 01 de setembro de 2017
[01-09-2017] Os grupos Ames Novo, PsdeG, Contigo Pódese e BNG presentaron unha moción por vía de urxencia de apoio á ILP en defensa da filosofía no ensino. Esta moción foi aprobada cos votos a favor dos membros do goberno e dos concelleiros/as de Ames Novo, Partido Popular e Pacto por Ames, mentres que concelleiro non adscrito, Javier López, abstívose. Coa aprobación de dita moción o Pleno expresa o seu apoio á ILP presentada no Parlamento de Galicia en defensa da formación filosófica no ensino e ínstase a todos os grupos políticos do Parlamento Galego a apoiar a ILP en defensa da Filosofía no ensino. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita moción.




