Pestanas principais

O pleno abordará bonificacións fiscais do IBI, a modificación do proxecto de mellora enerxética da iluminación do Milladoiro, a aprobación de crédito para o Plan Reactiva Ames

Mércores, 14 de outubro de 2020

Bonificacións fiscais do IBI, a modificación do proxecto de eficiencia enerxética da iluminación do Milladoiro e varias propostas de aprobación de suplementos de crédito vinculados ao Plan de Reactivación do Concello de Ames e outros investimentos e cobertura de gastos de áreas, constituirán a orde do día do pleno extraordinario que se desenvolverá o xoves, 15 de outubro. Todos estes temas foron tratados previamente nas comisións informativas do 6 de outubro. Ademais abordaranse modificacións de crédito para o pago dunha sentenza á Mancomunidade Serra do Barbanza de 2014, e investimentos e cobertura de gastos de diversas áreas.  

O carácter extraordinario do pleno do día 15 de outubro fundaméntase na necesidade de abordar a aprobación de novas bonificacións da ordenanza do IBI para así poder ampliar os beneficios fiscais para o fomento de emprego co obxecto de suavizar a carga impositiva das empresas e reactivar o tecido empresarial local na recuperación da crise económica provocada pola COVID19; debaterase e someterase a aprobación un suplemento de crédito para por en marcha un Plan de Reactivación que recolla iniciativas para paliar ou mitigar as consecuencias económicas e sociais derivadas da devandita crise que permitan soster o tecido produtivo, así como a aprobación doutro suplemento de crédito para gastos xerais, financiados con cargo ao remanente de tesourería.

Por outra banda, o Pleno debaterá a aprobación do proxecto modificado de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no Milladoiro, pertencente ao POS+ 2017. A adxudicación do proxecto fora aprobado en Xunta de Goberno Local o 3 de outubro de 2019. O importe do proxecto modificado supón unha variación con respecto ao anterior de 16.717,77 euros (unha vez aplicada a baixa da licitación). O que se propón para aprobación do Pleno é a aprobación do proxecto cun orzamento de execución de 383.259,01 euros.

 Novas relaciondas:

El Correo Gallego: "Ames debaterá as modificacións do IBI e o pago da sentenza polo lixo hoxe en pleno"

O pleno abordará bonificacións fiscais do IBI, a modificación do proxecto de mellora enerxética da iluminación do Milladoiro, a aprobación de crédito para o Plan Reactiva Ames