Pestanas principais

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle este xoves unha charla sobre seguros de montaña

Mércores, 08 de xaneiro de 2020

A Federación Galega de Montañismo ten previsto desenvolver o coloquio “Seguros de montaña: accidentes e responsabilidades” este xoves ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O encargado de levar a cabo esta charla será Alejandro López, que falará sobre dúbidas que xorden acerca da seguridade na montaña ou as coberturas dos seguros. A entrada é de balde ata completar aforo.

A charla-coloquio “Seguros de montaña: accidentes e resposabilidades” está organizada pola Federación Galega de Montañismo, en colaboración con Rutas a Pie, CIV Consulting e o Concello de Ames. Aínda que se encontra enfocada no sendeirismo e a montaña, nela poden participar calquera club, asociación e xente de a pé.

Desta maneira, Alejandro López incidirá sobre a seguridade na montaña, como federarse na Federación ou a resolución dalgunhas dúbidas acerca do seguro da FGM e as súas coberturas. Ademais, tamén haberá tempo para resolver as dúbidas dos asistentes.

Seguros de montaña: accidentes e responsabilidades