[11-03-2011] O concelleiro de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico, Francisco Villaverde, foi o encargado de presentar esta mañá a oitava edición do Certame Literario Concello de Ames. Trátase dun concurso de narrativa e poesía que xa está consolidado en todo o país e que, co paso dos anos, se foi convertendo en referente para os novos creadores e creadoras. Como nas edicións anteriores, poderá participar no concurso calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Os textos deberán presentarse antes do 14 de abril. Os gañadores coñeceranse o 13 de maio de 2011 e os premios entregaranse o 17 de maio de 2011, Día da Letras Galegas, nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Ames abre su certamen literario a toda Galicia"




