Pestanas principais

O Pazo da Peregrina acollerá mañá unha charla sobre a prevención da violencia de xénero destinada ás ANPAS dos centros educativos de Ames

Mércores, 13 de marzo de 2013

[13-03-2013] O Concello de Ames organizou para mañá, xoves 14 de marzo, unha charla sobre a prevención da violencia de xénero destinada ás ANPAS dos centros educativos amienses. A charla, que se celebrará ás 18:30 horas no Pazo da Peregrina, ten como lema Como educar en igualdade? e ten como finalidade promover a igualdade e previr a violencia de xénero.

Esta charla está aberta a todos aqueles pais e nais que queiran reflexionar e profundizar sobre como educar aos nenos e nenas de xeito que non se perpetúen as desigualdades de xénero.

Ademais, estes días estanse a desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro un conxunto de Obradoiros para Mulleres, que forman parte das actividades previas ás III Xornadas de Violencia de Xénero do Concello de Ames.