[16-01-2013] A localidade de Bertamiráns acollerá este sábado, 19 de xaneiro, ás primeiras Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar, nas que intervirá Rosa Jové, unha das máis recoñecidas expertas a nivel internacional nesta materia. Esta iniciativa, organizada pola firma Identia C&F co apoio de Agafor, Aecofam, e de dúas entidades asociativas de Ames (Gaia dos Nenos e Teta e Coliño), conta coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría da Muller e Igualdade.
Este evento permitirá aos asistentes achegarse a esta materia a través de expertas como Rosa Jové ou Teresa H. Armentia, psicopedagoga, e de profesionais que ao longo da xornada celebrarán obradoiros de comunicación, coaching ou crianza sostible.
As xornadas comezarán ás 10:00 horas co acto de inauguración e presentación. Media hora despois iniciaranse os obradoiros simultáneos de crianza, que estarán centrado na análise do desenvolvemento da personalidade e da crianza sostible. Ás 12:00 horas será a quenda da conferencia de Rosa Jové, que leva por título 'Domir sin lágrimas'. Seguidamente, abrirase unha quenda de preguntas, na que a experta tentará resolver as dúbidas que se poñan sobre a mesa. Xa pola tarde, Jové ofrecerá unha charla titulada 'Ni conflictos ni rabietas', tras a que tamén haberá oportunidade de facer preguntas. Por último, a partir das 18:30 horas levaranse a cabo obradoiros simultáneos de comunicación sobre diferentes temas.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da dirección http://identiacf.blogspot.com.es. O aforo é limitado e o custe da xornada é de 30 euros. Para obter máis información sobre as xornadas, pódese facer a través do correo electrónico familia@identiacf.com ou do teléfono 622129962.





