[09-03-2012] O Pazo da Peregrina acolle entre o día 12 e o 22 de marzo unha exposición composta por 30 obras presentadas ao V Premio de arte gráfico Jesús Núñez. Nesta recompilación atópase a obra gañadora de Ana Soler e dúas obras que recibiron un accésit no certame. Estas tres obras premiadas están acompañadas doutras 27, onde se poden atopar artistas alemáns, arxentinos, búlgaros, franceses, mexicanos, romaneses e, por suposto, de todo o territorio nacional. A mostra, organizada pola Deputación da Coruña, permanecerá exposta no Pazo da Peregrina durante once días. A exposición será inaugurada polo alcalde de Ames, Santiago Amor, o luns 12 de marzo, ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina. Este acto contará coa presencia de José Albino Vázquez, deputado provincial e de Alfonso Rey, concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio. Estas obras están realizadas en todas as técnicas que nos ofrece a arte gráfica, de tal forma que o seu percorrido é amplo e variado. A exposición foi inaugurada na Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos) e posteriormente rotará por nove municipal da provincia da Coruña. Ames é o primeiro concello que acolle esta exposición. A exposición poderase visitar de luns a venres, en horario de 17:00 h a 20:00 horas.
A mostra, organizada pola Deputación da Coruña, recolle un total de 30 obras seleccionadas entre artistas de máis de 21 países. As pezas compoñen unha exposición itinerante que achegará ao público unha visión contemporánea e internacional da arte da estampa. Esta delicada obra sobre papel embárcase nunha apaixonante viaxe en busca do público para seducilo e atrapalo coas súas cores e trazos.
A exposición atópase capitaneada pola obra gañadora Planetas illados 0.0 de Ana Soler, acompañada de dous accésit; a obra D'aprés Romeo -préparation d'une scene tragique- acte I de Julio Almas (Lisboa, Portugal 1972). O outro accésit de Minia Martínez Seijas (Brión, A Coruña, 1983), A Orixe. Este tres obras premiadas veñen acompañadas doutras 27, onde se poden atopar artistas alemáns, arxentinos, búlgaros, franceses, mexicanos, romaneses e, por suposto, de todo o territorio nacional. As súas obras están realizadas en todas as técnicas que nos ofrece a arte gráfica, de tal forma que o seu percorrido é amplo e variado.
Esta exposición enmarcase entro das accións que se desenvolven ao abeiro do V Premio Internacional de arte gráfica Jesús Núñez. Na liña de apoio á creación artística, que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvo da arte gráfico así como, en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos) e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o V Premio Internacional de arte gráfica Jesús Núñez.
A exposición foi inaugurada na Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos) e posteriormente rotará por nove municipal da provincia da Coruña. Ames é o primeiro concello que acolle esta exposición. A mostra permanecerá exposta no Pazo da Peregrina durante once días (dende o día 12 ata o 22 de marzo). A exposición poderase visitar no Pazo da Peregrina de luns a venres, en horario de 17:00 h a 20:00 horas. Despois de pasar por Ames a mostra estará en Muros, Fisterra, Arzúa, Abegondo, Cabana, Boiro, Brión e Dumbría.
Obra de Ana Soler
Ana Soler (Sevilla, 1972), foi a gañadora desta quinta edición do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. Ana é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, onde se doutorou en 1999 coa Tese Loces e sombras na idea actual de Estampa Orixinal. Desde 2000 é profesora de Técnicas Gráficas na Facultade de BBAA de Pontevedra. Foi Bolsa de Creación Artística na Estranxeiro Unión Fenosa, anos 2005 e 2006, Primeiro Premio da Academia de Belas Artes de Sta. Isabel de Hungría en 1992, Primeiro Premio, XII "Manuel Hernández Homedes", en San Fernando, Primeiro Premio "Aula Militar 93" de Pintura do XXXI Salón Militar de Cádiz, Primeiro Premio, XLIV Certame Nacional de Pintura de Gibraleón en 1995, finalista na 10ª Bienal Internacional de Gravado de Seúl en 1996, Primeiro Premio de Gravado."8 de marzo. Día Internacional das Mulleres", Madrid 1998, Primeiro Premio "Xeración 2001", Gravado. Caixa Madrid en 2000, Premio Nacional de Gravado á mellor obra realizada durante 2000-2001, Calcografía Nacional. Madrid, entre outros moitos premios.