Luns, 05 de novembro de 2012
[05-11-2012] O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá desde hoxe e ata o vindeiro 12 de novembro unha exposición da artista teense Laura Vilasó.
A mostra, titulada Vilasó. El arte del esmalte, está composta por máis de 40 cadros e unha selección de deseño de xoias e inaugurarase esta tarde ás 19,00 horas.
A exposición de Laura Vilasó poderá visitarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns de luns a venres en horario de 17,00 a 20,00 horas.




