Pestanas principais

O Pazo da Peregrina acolle a exposición dos traballos do obradoiro de manualidades entre o 26 e o 30 de maio

Sábado, 24 de maio de 2014

[24-05-2014] Un ano máis o obradoiro de manualidades chega ao seu fin, e como soe ser habitual, o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición dos traballos que realizou o alumnado que participou neste obradoiro durante o curso 2013-2014. A exposición estará aberta ao público dende o luns 26 ata o venres 30 de maio. Todas as persoas que desexen visitar esta mostra terá que acudir o Pazo da Peregrina de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas. Esta actividade enmárcase dentro do programa de obradoiros culturais e escolas deportivas organizado polo Concello de Ames.

Arredor de 60 persoas, repartidas en cinco grupos, participaron este ano no obradoiro de manualidades que se impartiu nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Dúas profesoras foron as encargadas de impartir esta actividade municipal os luns, martes e xoves. O alumnado estivo repartido en cinco grupos. As clases impartíronse en Bertamiráns; os luns de 20:00 h a 22:00 horas e os martes de 10:00 h a 12:00 horas. No Milladoiro houbo tres grupos. Dous grupos acudiron ás clases os martes de 20:00 h a 22:00 horas e o terceiro grupo tiña clases de manualidades os xoves, de 10:30 h a 12:30 horas.

Esta actividade ten un enorme éxito entre os adultos que dispoñen de tempo libre para o lecer, pero este divertimento tamén implica traballo. Pinturas acrílicas, témperas, cartón, papel, pinceis, barro e verniz, entre outros materiais, encheron durante estes meses as aulas do obradoiro de manualidades. Todos os grupos mostraron unha gran dedicación e fixeron utensilios aproveitables para o fogar e para a decoración. Cada un centrouse no seu labor: uns pintaron vasos e distintos recipientes de cristal, outras fixeron reloxos con tapacubos ou pintaron cadros.

O obradoiro foi de gran utilidade para todas as persoas que participaron nesta actividade. Entre os traballos que poderemos atopar no Pazo da Peregrina nestes días hai caixas tapizadas, cadros, percheros, traballos de ganchillo, pinturas feitas en telas, distintos obxectos (caixas, bandexas e pratos) decorados con pinturas, etc. As diferentes expresións artísticas realizadas polas alumnas amosaran a habilidade destas na reutilización de materiais para darlles un uso diferente ao que están destinados ou crear utensilios novos a través de distintos materiais, como barro ou xeso.

Todos e todas as amantes da arte teñen unha cita na mostra que se exporá no Pazo da Peregrina dende o 26 ata o 30 de maio. Todos os e as amienses que desexen gozar con este percorrido polos traballos feitos neste obradoiro poden visitar a sala de exposicións do Pazo da Peregrina no horario habitual de luns a venres de 17:00 h a 20:00 horas.