Pestanas principais

O Pazo da Peregrina acolle a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas

Mércores, 12 de setembro de 2018

[12-09-2018] Do 14 de setembro ao 1 de outubro a sala de exposicións do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acollerá a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas. A mostra poderase visitar de luns a domingo, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as. A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá do encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño.


O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, e maila Deputación da Coruña colaboran para que do 14 de setembro ao 1 de outubro a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas poida visitarse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A mostra poderase visitar de luns a domingo, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as.

Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño. A propia Ana Rosa Lista estará presente no Pazo da Peregrina durante os días que se expón a mostra traballando na creación de novas obras. As persoas que o desexen terán a oportunidade de probar a súa destreza no manexo dos palillos.

Nesta edición número once, recibíronse un total de 137 pezas, que destacaron pola gran variedade das disciplinas e modalidades elixidas. Esta gran afluencia de participantes e a diversidade das súas pezas poñen de evidencia que segue a existir unha gran vitalidade, capacidade creativa e rigor profesional na artesanía da nosa provincia. Mestres da cestaría, a escultura, a cerámica, a xoiaría ou a costura, entre moitos outros oficios, converten cada ano o Certame de Artesanía Antonio Fraguas nunha referencia para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as.

Entre as producións presentadas, mestúranse traballos típicos e arraigados nos concellos coruñeses con novas creacións e innovacións, nas que se atopan incluso pezas feitas a partir de materiais de refugallo, que amosan que a artesanía segue a evolucionar e ten unha presenza importante no desenvolvemento da arte contemporánea. Deste xeito, pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. Os gañadores desta edición foron: Pablo Carpintero, coa súa “Reprodución funcional da gaita de fol da Cantiga 350 das Cantigas de Sta. María” (categoría Artesanía Tradicional) e Lidia Nieves Domínguez pola obra “Xoguete” (categoría Artesanía Contemporánea).

A concelleira de Turismo, Isabel González, destacou que "o obxectivo da Concellaría de Promoción Económica e Turismo é dar a coñecer e poñer en valor a grande variedade e calidade dos traballos que elaboran tanto artesáns locais, como neste caso Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña de Ames, como doutros concellos de Galicia".

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "A exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas xa se pode visitar no Pazo da Peregrina"