Pestanas principais

O pavillón municipal do Milladoiro acollerá esta fin de semana o maratón de fútbol sala para equipos veteranos organizado polo club Xuventude Milladoiro

Mércores, 14 de marzo de 2018

[14-03-2018] O club Xuventude Milladoiro organizou un maratón de fútbol sala de equipos veteranos, que se realizará o 17 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Milladoiro. Para participar, será preciso entregar o documento de inscrición na tenda de informática e telefonía Pamasat no Milladoiro ou na cafetaría da Casa da Cultura da mesma localidade. O prazo para presentar a documentación remata este xoves, 15 de marzo, ás 21:00 horas. No maratón, que conta coa colaboración do Concello de Ames e da Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago, poderán xogar os equipos veteranos cuxos integrantes teñan máis de 33 anos. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 698 151 474 ou enviar un correo electrónico ao enderezo xuventudemilladoiro@gmail.com.

Esta fin de semana terá lugar o I Maratón de Fútbol Sala de equipos veteranos, organizado polo club Xuventude Milladoiro en colaboración co Concello de Ames e coa Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago. Nel poderán participar aqueles equipos desta categoría, cuxos integrantes superen os 33 anos de idade. Cada equipo deberá estar conformado por un mínimo de cinco xogadores e un máximo de 12. O maratón regularase polas normas e regras establecidas pola Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). Desta maneira, cada partido gañado suporá a obtención de tres puntos e cada partido empatado dun só punto. No caso de perderen, os equipos non recibirán ningún punto.

Haberá premios para os tres primeiros equipos clasificados. O primeiro premio estará dotado con 850 euros, o segundo con 500€ e o terceiro con 250€. Estes tres equipos serán agasallados asemade cun trofeo. O sorte dos grupos e dos horarios realizarase este venres, 16 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21:00 horas. O maratón desenvolverase entre as 19:00 horas do sábado e as 19:00 horas do domingo.

Tramitación das inscricións
Para participar, será preciso entregar o documento de inscrición na tenda de informática e telefonía Pamasat no Milladoiro ou na cafetaría da Casa da Cultura da mesma localidade. A inscrición ten un prezo de 100 euros. O documento de inscrición pódese descargar no seguinte enlace http://www.xuventudemilladoiro.com/torneo/inscripciones.php.

As persoas interesadas que queiran obter máis información poden chamar ao número de teléfono 698 151 474, enviar un correo electrónico ao enderezo xuventudemilladoiro@gmail.com ou consultar a páxina web do club organizador http://www.xuventudemilladoiro.com/torneo/index.php. Ao longo dos próximos meses, o club Xuventude Milladoiro organizará tamén maratóns de fútbol sala orientados tanto a crianzas como a persoas de todas as idades.