[19-06-2013] O Centro Ecuestre Val da Mahía, en colaboración co Concello de Ames, Xardíns Barcia e IMAXSON, organizaron para este sábado, 22 de xuño, o VI Concurso de Saltos Val da Mahía, que se desenvolverá no paseo fluvial de Bertamiráns. Este evento organízase en favor de Cáritas Parroquial San Juan de Ortoño. O concurso comezará ás 11:00 h coa primeira proba e rematará arredor das 19:00 horas. Haberá cinco probas ao longo de todo o día. Os ganadores de cada unha das probas recibirá un premio. Ademais, ás 14:30 horas haberá unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. A entrada será libre e gratuíta.
Este sábado, 22 de xuño, o paseo fluvial de Bertamiráns acollerá a sexta edición do Concurso de Saltos Val da Mahía, que organiza o Centro Ecuestre Val da Mahía. Este evento conta coa colaboración do Concello de Ames, Xardíns Barcia e IMAXSON. Ata o de agora máis de 40 xinetes e amazonas xa confirmaron a súa asistencia a este concurso hípico. Haberá cinco probas ao longo de todo o día. As categorías establécense segundo o nivel hípico de cada un dos participantes e a altura dos obstáculos que terán que saltar os cabalos. Participarán xinetes e amazonas de idades moi diferentes. Neste momento hai inscritos nenos e nenas de 7 anos e persoas de máis de 40 anos.
As inscricións poderán realizarase ata o día 20 de xuño. Para iso haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo ecuestremahia@gmail.com. A inscrición na proba de 0,50 metros terá un custo de 15 euros, mentres que para inscribirse no resto de probas haberá que aboar 20 euros. Cómpre destacar que esta iniciativa organízase en favor de Cáritas Parroquial San Juan de Ortoño. Para participar neste concurso só se lle esixe aos xinetes e amazonas participantes estar federados, non é necesario que a licenza sexa de competidor. Respecto dos cabalos, non é necesaria licenza. A entrada a este evento será libre e gratuíta durante todo o día.
Programa do concurso
O evento comezará ás 11:00 horas coa proba de salto de 0,50 metros. Un hora máis tarde, ás 12:00 horas, realizarase a proba de salto de 0,80 metros. A última proba da mañá será ás 13:00 horas na que os cabalos terán que saltar obstáculos de 1,00 metro. Unha vez rematada cada proba entregaranse os trofeos os/as gañadores/as de cada unha das categorías. Cómpre destacar que a última proba da mañá está patrocinada por “La Cesta Natural”. Ademais, ás 14:30 horas haberá unha exhibición de doma de alta escola a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
Xa pola tarde o concurso comezará ás 16:00 horas coa proba de 1,10 metros que esta patrocinada por “Mirabe Joyeros”. Unha hora máis tarde, ás 17:00 h, dará comeza a última proba da xornada na que os cabalos terán que saltar obstáculos de 1,20 metro. Esta proba está patrocinada por “Óptica Hermo – VDM”. Os xinetes e amazonas disporán de dúas pistas cunhas dimensión de 45 metros por 60 metros. A pista de quecemento será de area, mentres que a de competición terá herba. O equipo técnico estará composto polos xuízas María Jesús Escudero, Pilar Amor e Ana Aurora González. O xefe de pista será Alexandre Santiago e de speaker fará Federico Pérez-Lago.
Premios
Os ganadores de cada unha das probas recibirá un premio. Na categoría de 0,50 metros entregaranse escarapelas e lambonadas para os tres primeiros, mentres que na proba de 0,80 metros haberá escarapelas para os tres primeiros. Na categoría de 1,00 metro haberá escarapelas para os tres primeiros e o/a gañador/a recibirá un lote de produtos de “La Cesta Natural”. Na categoría de 1,10 metros o/a 1º clasificado/a recibirá un reloxo Lotus; o/a 2º clasificado/a gañará un reloxo Festina; e o/a 3º clasificado/a será obsequiado cun reloxo Swatch. Ademais os tres gañadores/as desta categoría recibirán unha escarapela. Por último, na categoría de 1,20 metros o/a 1º clasificado/a recibirá un premio de 400 euros e unha estancia de dúas noites en calquera dos hoteis de www.lasmejoresvistas.es; o/a 2º clasificado/a levará un premio de 200 euros; e o/a 3º clasificado/a será premiado/a con 100 euros. Os tres premiados/as levarán tamén a correspondente escarapela.
Actividades para os nenos/as
De xeito paralelo ao concurso haberá unha serie de actividades dirixidas aos nenos e nenas. Ao longo da xornada realizaranse distintas actividades para os rapaces a cargo da escola infantil Violoncelo Blue, que instalará unha carpa multimedia. Tamén se realizarán paseos en pony para os máis pequenos. Ademais, habilitarse un servizo de comidas e cafetaría a cargo do Grupo Bacoga, S.L.




