Pestanas principais

O párroco do Milladoiro entrégalle a insignia de ouro ao alcalde de Ames e ao concelleiro Alfredo Taboada polo seu apoio á parroquia do Milladoiro

Mércores, 06 de agosto de 2014

[06-08-2014] O domingo pasado, 3 de agosto, tralo acto litúrxico das festas da Madalena, o párroco do Milladoiro, José Manuel Guldrís, entregoulle a insignia de ouro ao alcalde de Ames, Santiago Amor, e ao concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, polo seu apoio e contribución coa parroquia do Milladoiro. Esta distinción entregóuselle polo traballo que realizou o goberno municipal para cederlle unha parcela á parroquia do Milladoiro para un equipamento relixioso. Deste xeito, déuselle cumprimento ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago de Compostela no ano 2001 que tiña como obxectivo a cesión dunha parcela no Milladoiro destinada á ubicación dunha igrexa. No Pleno de xuño de 2013 a corporación municipal aprobou a desafectación da parcela do Milladoiro para un equipamento relixioso.

A parroquia do Milladoiro, representada polo seu párroco José Manuel Guldrís, aproveitou as festas da Madalena para dedicarlle un especial recoñecemento o alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, polo súa contribución coa comunidade do Milladoiro. Así, o domingo pasado, 3 de agosto, tralo acto litúrxico das festas da Madalena, o párroco do Milladoiro, José Manuel Guldrís, entregoulle a insignia de ouro a Santiago Amor e ao concelleiro Alfredo Taboada polo seu apoio á parroquia do Milladoiro.

Cómpre lembrar que o goberno municipal realizou os trámites necesarios para dar cumprimento ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago de Compostela no ano 2001 que tiña como obxectivo a cesión dunha parcela no Milladoiro destinada á ubicación dunha igrexa. A parcela que se cedeu obtívose grazas á modificación puntual dos plans parciais do S-14 “Travesía do Porto norte” e S-16 “Galdrachán” aprobada en novembro de 2012 polo Goberno amiense.

O obxectivo desta modificación puntual era redistribuír as zonas de uso público e os espazos verdes públicos destes dous sectores para poder xuntalos. Deste xeito, conseguiuse unha parcela para construír un novo equipamento público de grandes dimensións e reorganizar os espazos verdes públicos, tan escasos na zona do Milladoiro.

O acordo para esta cesión acadouse en febreiro de 2001. Nesa data, o Concello de Ames e o Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron un convenio en virtude do que o Arcebispado cedía ao Concello tres parcelas para uso municipal (en Ortoño e no Milladoiro) e no que a Administración local se comprometía a ceder ao Arcebispado unha parcela de 2.000 metros cadrados para a instalación dun equipamento relixioso no Milladoiro. Aínda que en 2007 houbo un intento de ceder unha parcela, finalmente non se levou a cabo. Finalmente, no Pleno de xuño de 2013 a corporación municipal aprobou de xeito definitivo o expediente de desafectación da parcela do Milladoiro para un equipamento relixioso.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Distinción para membros do goberno de Ames"