Pestanas principais

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolverá o sábado 7 de marzo unha actividade de observación astronómica no paseo fluvial de Bertamiráns

Mércores, 04 de marzo de 2015

[04-03-2015] O Concello de Ames e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, organizaron para este sábado, 7 de marzo, unha actividade de observación astronómica no paseo fluvial de Bertamiráns. Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 20:00 horas, está dirixida a todos os públicos. Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios planetas (Xúpiter, Marte e Saturno), a Lúa e algunha estrela dobre. Esta actividade enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. Non é necesaria inscrición previa. Será unha sesión aberta a todas as persoas que desexen participar.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames colabora co Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no desenvolvemento do programa Todocosmos, que pretende achegar o mundo da astronomía a diferentes concellos de Galicia. No marco deste programa o persoal do observatorio astronómico Ramón María Aller desenvolverá unha actividade de observación astronómica este sábado, 7 de marzo, no paseo fluvial de Bertamiráns.

Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios planetas (Xúpiter, Marte e Saturno), a Lúa e algunha estrela dobre. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente. Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen asistir.

O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursos, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Para obter máis información sobre esta actividade poden poñerse en contacto coa Aula da Natureza a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665.