[15-05-2014] O Concello de Ames e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, organizaron para este sábado, 17 de maio, unha actividade de observación astronómica no paseo fluvial de Bertamiráns. Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 22:30 horas, está dirixida a todos os públicos. Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios planetas (Xúpiter, Marte e Saturno), a Lúa e algunha estrela dobre. Esta actividade enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. Non é necesaria inscrición previa. Será unha sesión aberta a todas as persoas que desexen participar.
O Concello de Ames colabora co Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, no desenvolvemento do programa Todocosmos, que pretende achegar o mundo da astronomía a diferentes concellos de Galicia. No marco deste programa o persoal do observatorio astronómico Ramón María Aller desenvolverá unha actividade de observación astronómica este sábado, 17 de maio, no paseo fluvial de Bertamiráns.
Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar varios planetas (Xúpiter, Marte e Saturno), a Lúa e algunha estrela dobre. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente. Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas que desexen asistir.
O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursos, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.
Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto "La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT para o ano 2014, e no que participan así mesmo os concellos de Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, e Teo, así como a empresa Óptica Val.
Actividades en Ames
O pasado 12 de marzo o Observatorio Astronómico Ramón María Aller xa desenvolveu unha actividade de astronomía na Aula da Natureza do Concello de Ames, na cal os veciños e veciñas amienses puideron participar nunha charla - coloquio e posteriormente observar a Lúa, o planeta Xúpiter e a Nebulosa de Orión.
Trala sesión astronómica deste sábado, aínda se desenvolverán varias actividades máis en Ames. Algunhas destas actividades son un obradoiro de reloxos de sol, unha sesión astronómica no Milladoiro, actividades docentes nos institutos e nos colexios de Ames e unha sesión astronómica na parroquia da Ameixenda.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Sesión de astronomía nocturna en Bertamiráns"




