Pestanas principais

O novo cuartel da Garda Civil de Milladoiro acolle por primeira ver a festividade da Virxe do Pilar

Xoves, 13 de outubro de 2011

[13-10-2011] O 12 de outubro festéxase a festa nacional de España pero tamén se celebra a festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil. No novo cuartel do Milladoiro tamén quixeron ser participes desta festividade e organizaron unha serie de actos. Ás 12:30 horas houbo unha misa no Centro Parroquial de San José, no Milladoiro, e ás 13:30 horas serviuse un aperitivo no novo Cuartel da Garda Civil que se inaugurou hai cinco meses. Nestes actos estiveron Jorgue Rodríguez Serantes, comandante do posto da Garda Civil no Milladoiro, o alcalde de Ames, Santiago Amor, o alcalde de Teo, Martiño Noriega, o sarxento da Policía local de Ames, José Antonio Rodríguez, e o sarxento da Policía local de Teo, Manuel Parga. Tamén asistiron varios membros das corporacións municipais de Ames e Teo.

Ao igual que en anos anteriores o Concello de Ames e a Garda Civil do Milladoiro sumáronse ás celebracións da festividade da Virxe do Pilar e do Día da Hispanidade. A Festa do Pilar celébrase o dia 12 de outubro na honra da Virxe do Pilar, patroa da Guarda Civil. Esta festividade coincide co Día da Hispanidade. Para celebrar esta festividade a Garda Civil que presta o seu servizo nos termos municipais de Ames e Teo organizou un acto que se desenvolveu no Milladoiro, localidade onde está situado o seu cuartel.

Os actos comezaron cunha misa no Centro Parroquial de San José, no Milladoiro, que comezou ás 12:30 horas. De seguido todas as persoas que asistiron a liturxia desprazáronse ata o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro, onde se serviu un aperitivo.

Varios membros das corporacións municipais dos Concellos de Ames e Teo tamén se uniron a celebración desta festividade. Deste xeito asistiu o alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado de varios membros do grupo de goberno, asistiron tamén membros do Partido Socialista de Ames e do Partido Popular de Teo. Tamén asistiu ao aperitivo o alcalde de Teo, Martiño Noriega. Amigos e familiares dos axentes da Garda Civil e da Policía local de Ames e Teo achegáronse ata o Milladoiro para participar nesta festa.