[02-06-2015] O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, o corpo de Protección Civil do Concello de Santiago e o salón de beleza Paula de Bertamiráns, organiza este domingo, 7 de xuño, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure” e que está situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán os mellores pilotos de Supercross de Galicia.

Esta proba está incluída na Dagan Cup, que actualmente é a única competición de supercross que se organiza en Galicia. Trátase dun evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo coa actual normativa galega de deportes, e na que se dan cita os mellores pilotos galegos desta modalidade deportiva xa que actualmente non existe outra proba federada de supercross. A Dagan Cup 2015 está composta de nove probas, das cales dúas desenvolveranse en Ames.
Esta é a segunda vez que se organiza esta proba no novo circuíto SX “Alex de Moure”. Este recinto de máis de 17.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 3 de xuño, ás 20:00 horas. Ata o de agora hai 43 inscritos, pero dende a organización agardan que este número siga incrementándose xa que na última proba disputa en Vilagarcía de Arousa participaron 68 pilotos. As inscricións realízanse na páxina web: http://www.magmasports.es. Os participantes estarán divididos en seis categorías diferentes: elite, veteranos, promoción, 85 cc, alevín (50 cc e 65 cc) e hobby que son os que se inician neste deporte.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Último día para la inscripción en el Gran Premio Concello de Ames"




