[08-06-2016] O pasado fin de semana deportistas do Club de Atletismo MillaRaio desprazábanse en direccións contrarias para acudir a dúas importantes citas: o Campionato Galego Cadete,en Ferrol, e o I Campionato de España Individual Infantil, en Valladolid. Atletas do Club subiron dez veces ao podio esta fin de semana e Andrea Botella, Mateo García e Diego Alonso acadaron a puntuación mínima para participar no Campionato de España Cadete.
En Ferrol, no Campionato Galego Cadete, o club sumou catro ouros: un de Victor Mosteiro en 100 metros lisos, outro de Pablo Fernández en xavelina, Diego Alonso en 1500 metros obstáculos e un en relevo 4x100 masculino; acadado polo equipo formado por Víctor, Mateo, Carlos e Pablo. Catro foron tamén as medallas de prata conseguidas por deportistas do club: Ana Botella obtivo a súa en xavelina, Roberto Vieiro en 5000 metros marcha, Pablo Fernández en peso e Víctor Mosteiro en pértega. Os dous bronces que completan as dez medallas do club lográronos Mateo García en 100 metros lisos e Carlos Dios en 300 metros valla.
Grazas aos logros conseguidos esta fin de semana tres atletas uniranse a Roberto Vieiro, Víctor Mosteiro e Pablo Fernández no Campionato de España Cadete: Andrea Botella en xabalina, Diego Alonso en 1500 metros obstáculos e Mateo García en 100 metros lisos.
No I Campionato de España Infantil, disputado en Valladolid, participaron tres atletas do MillaRaio: Deki Mato, Pablo Díaz e Dani Mato. Este último estivo a un punto de subir ao podio nacional, acadando o 4º posto en triatlón B masculino, Pablo Díaz acadou o 23º posto e Deki Mato o 25º en triatlón B feminino.





