Pestanas principais

O MillaRaio gaña cinco medallas nos campionatos galegos de lanzamentos de inverno e de pista cuberta

Xoves, 04 de marzo de 2021

Sete atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron nos Campionatos de Galicia de lanzamentos de inverno de menores, celebrado o sábado 27 de febreiro en Pontevedra, e de pista cuberta sub18, que se disputou o domingo 28 de febreiro en Ourense. Cómpre destacar, unha vez máis, os bos resultados dos atletas deste club amesán que acadaron cinco medallas en ditos campionatos autonómicos.

O sábado, 27 de febreiro, tres atletas do club MillaRaio participaron no Campionato de Galicia de lanzamentos de inverno de menores celebrado en Pontevedra. Alfonso Labella conseguiu subirse ao podio por partida dobre, proclamándose campión galego de lanzamento de martelo e subcampión galego de lanzamento de xavelina sub-16.  Alfonso Labella realizou unha espectacular competición na modalidade de martelo, na que recuperándose de dous primeiros nulos, chegou ata os 44,46 metros na mellora, colocándose sétimo no ranking nacional da categoría.

Ademais, Pablo Cariñena foi bronce no lanzamento de disco sub-16, proba na que Lucas Lesmes rematou na cuarta posición.

Por outra banda, o domingo, 28 de febreiro, celebrouse en Ourense o Campionato de Galicia de pista cuberta sub1-8, no que o MillaRaio participou con catro atletas. Daniel Cariñena acadou o bronce nos 200 metros, mellorando a súa marca. Daniel participou tamén no salto de lonxitude, no que rematou en quinta posición.

David García foi bronce no salto de altura, rematando en oitavo lugar no triplo salto. Por outra banda, Diego Liñares, quen mellorou a súa marca, e Matías Barca metéronse na final nos 60 metros valos sendo quinto e sétimo respectivamente. Ambos competiron tamén nos 60 metros lisos nos que Matías pasou a final, sendo oitavo na clasificación global.

No Campionato de Galicia de probas combinadas sub-20, celebrado simultaneamente o mesmo fin de semana en Ourense, participou Laura Barbazán, quen rematou na cuarta posición.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "O Millaraio paladea cinco medallas autonómicas"

Daniel Cariñera bronce 200m.

Multimedia

  • David Garcia Altura
  • Pablo Cariñena Bronce Disco
  • Alfonso Labella Ouro Martelo, Prata Xavelina