Pestanas principais

O MillaRaio acada catro medallas no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta

Luns, 10 de maio de 2021

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 8 de maio, no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta acadaron catro medallas (unha de ouro, unha de prata e dúas de bronce). O club amesán participou con 9 atletas de todas as categorías. O club do Milladoiro tamén participou na Copa Deputación de Lugo con Alfonso Labella, que se clasificou para o campionato de España de lanzamento de martelo sub16. O MillaRaio competiu, ademais, no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por clubs onde os atletas conseguiron mellorar as súas marcas.

Esta pasa fin de semana, o Club de Atletismo MillaRaio participou en varias competicións. Unha delas, na que mellores resultados acadou, foi o o Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, celebrado o sábado 8 de maio na Pobra do Caramiñal. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km sub14, compartindo podio con Nadir Moreira que foi bronce.

Manuel Labella conseguiu tamén a medalla de bronce nos 10km sub18, e prata para María Bandín en 1km sub10. Ademais, Tomás Bandín logrou o cuarto posto nos 2km sub12, e Carla Matos foi sétima. Mágoa as descualificacións de Gabriel Novo e Eva Ojea, que servirán para aprender e mellorar de cara a próxima competición.

Salientable tamén na fin de semana a participación de Alfonso Labella na cuarta xornada da Copa Deputación de Lugo, o domingo 9 de maio, conseguindo no lanzamento de martelo sub16 a marca mínima para o campionato de España da categoría.

O MillaRaio competiu esta fin de semana tamén no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por clubs en Pontevedra, no que, finalmente, non logrou entrar na clasificación final pola indisposición dun dos tres atletas que formaban o equipo, Alejandro Jiménez, que tivo que abandonar logo da primeira xornada. Álex Cabo e Álvaro Francos, o restantes compoñentes, finalizaron a competición individualmente conseguindo ambos mellorar as súas propias marcas.

Ouro, Salomé.

Multimedia

  • Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta
  • Prata, María
  • Bronce, Manuel Labella
  • David e Nadir