[02-08-2012] Ames preparase para celebrar tres festas nesta fin de semana no Milladoiro, Tapia e Cobas. A festividade na honra da Madalena no Milladoiro comezou xa o 22 de xullo con diversos actos relixiosos e culturais organizados pola Asociación Cultural A Madalena. Con todo, os días grandes da festa son esta fin de semana, o 3, 4, 5 e 6 de agosto. A parroquia de Cobas tamén festexa o Santo Estevo. Os días 3, 4 e 5 de agosto terá lugar esta festa. En Tapia honrarase ao San Roque e ao Sacramento o sábado e o domingo. Con motivo da celebración das festas da Madalena no Milladoiro, a Policía Local de Ames informa aos veciños e veciñas de que se producirán cortes de tráfico na Travesía do Porto para facilitar o desenvolvemento das actividades.
En Cobas, as festas comezarán mañá, venres 3 de agosto, cunha misa na honra de Santo Estevo que se celebrará ás 20:00 horas. Na xornada do sábado, a misa será ás 13:00 horas na honra de San Antonio. O domingo a festa comezará ás dez da mañá cun pasarrúas a cargo da Charanga Air Jalisia. Posteriormente, ás 12:30 horas, celebrarase a misa na honra á Virxe do Carme. Seguidamente, terá lugar a sesión vermú, que correrá a cargo da charanga. A verbena comezará ás 23:00 horas coa actuación estelar da orquestra Abanico.
En Tapia, as festas comezarán o sábado, 4 de agosto, cunha misa solemne ás 13:00 horas na honra a San Roque. Tras a misa, os veciños e veciñas poderán desfrutar da actuación do grupo de gaitas os Castros. Na xornada do domingo, a misa solemne será tamén ás 13:00 horas na honra ao Sacramento.
Festas da Madalena
Os actos centrais das festa da Madalena no Milladoiro celébranse esta fin de semana. Con motivo da celebración das festas, a Policía Local de Ames informa aos veciños e veciñas de que se producirán cortes de tráfico na Travesía do Porto para facilitar o desenvolvemento das actividades. Os axentes recomendan evitar o paso por esta rúa durante a fin de semana.
O venres, 3 de agosto, ás 12:00 horas, comezarán os festexos co disparo das bombas regulamentarias. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, abrirán as atraccións de feira para os nenos e nenas. Estas atraccións estarán situadas na Travesía do Porto. Posteriormente, ás 20:30 h, comezarán as actuacións na praza Entreagros (Agro do Medio e Agro da Madalena) co Gran Pedrini e o Mago da Boina. Pola noite, a partir das 23:00 horas, actuará o grupo JJYSON na praza de Manuel Murguía.
O sábado 4 de agosto, a partir das 18:00 horas, haberá atraccións de feira na praza da Costa Grande. Ás 20:30 horas, terá lugar unha actuación do gran malabarista Yuma, que está dirixida ao público infantil. O sábado a verbena comezará ás 22:30 horas e o prato forte da noite terá lugar á media noite coa actuación da orquestra Panorama. O domingo 5 de agosto as celebracións comezarán co disparo das 21 bombas de palenque regulamentarias. A partir das 12:30 horas, sairá o Rosario do seu lugar de orixe. Media hora máis tarde, ás 13:00 h, celebrarase unha misa solemne. Tralos actos relixiosos, ás 13:45 h, a banda de música da Sociedade Recreativa de Calo ofrecerá unha actuación musical para deleitar aos amantes deste tipo de música.
Ás 14:15 horas, comezará a sesión vermú coa actuación do grupo Samba. Xa pola tarde, haberá atraccións de feira para os máis cativos dende as 18:00 horas. Pouco despois, ás 20:30 h, os nenos e nenas poderán seguir gozando, nesta ocasión coa actuación do Show dos Paiasos. Pola noite, ás 22:00 h, haberá verbena a cargo do grupo Samba. Para rematar a festa, a partir das 23:30 horas, os veciños e veciñas do Milladoiro gozarán do humor do grupo Maldados.com.
O último día das festas da Madalena no Milladoiro será o luns, 6 de agosto. Pola tarde, ás 18:00 horas, abrirán as atraccións da feira. Unha hora despois, ás sete da tarde, a charanga 'O Recobio' fará un percorrido por Vilar de Calo, Paramuiño, A Grela e Bentín. Despois, ás 19:30 horas, haberá unha festa infantil na praza da Capela da Madalena na que actuará Magic-clown Tanito. Xa ás nove da noite celebrarase a misa na Capela da Madalena e ao remate levarase a cabo a recollida da santa ata a súa capela de adoración. Por último, a verbena comezará ás 22:00 horas coa actuación do grupo Oceáno. As festas rematarán coa actuación estelar da orquestra Charleston Big Band.s nove da noite celebrarase a misa na Capela da Madalena e ao remate levarase a cabo a recollida da santa ata a súa capela de adoración. Por último, a verbena comezará ás 22:00 horas coa actuación do grupo Oceáno. As festas rematarán coa actuación estelar da orquestra Charleston Big Band.