[05-08-2017] Serán 4 días repletos de actividades e actuacións, que comezarán este venres coa sétima edición do festival Millarock. O sábado, a actuación musical da noite correrá a cargo dos Festicultores e da discoteca móbil Kyoto; e o domingo e o luns estarán a orquestra Nevada Band e a Orquestra Kubo, respectivamente. Todas as actuacións terán lugar no aparcadoiro da Travesía do Porto.
Este venres, 4 de agosto, comezan as festas do Milladoiro coa sétima edición do festival Millarock. Así, a partir das 21:00 horas, poderanse ver algúns dos grupos máis representativos do panorama rock actual en Galicia. Esa noite actuarán no Milladoiro os grupos Heredeiros da Crus, Medomedá, Familia Caamagno e a Compañía do Ruído.
O sábado, ás 10 horas, terá lugar o tradicional lanzamento de bombas anunciando o comezo das festas. Xa pola noite, ás 23:00 horas, terá lugar a actuación dos Festicultores, xentileza da Concellaría de Cultura de Ames. A partir das 24:00 horas, a noite estará amenizada pola discoteca móbil Kyoto con Manu GZ e Marcos Magán.
Tamén ás 10:00 horas do domingo, haberá un lanzamento de bombas; e ás 12:30 horas, terá lugar unha procesión desde o comezo da Avenida Rosalía de Castro ata a Capela da Madalena, seguida dunha misa ás 13:00h. A sesión vermú comezará ás 14:00h da man da orquestra Nevada Band, que tamén actuará pola noite a partir das 22:30 horas. Ás 23:45 horas terá lugar unha sesión de fogos de artificio e un espectáculo pirotécnico na nova igrexa do Milladoiro.
O último día das festas, o luns 7 de agosto, haberá un pasarrúas ao longo do día a cargo dunha charanga. Ás 21:00 horas, terá lugar unha misa na Capela da Madalena, seguida do traslado da imaxe a súa Capela, na rúa Viorneira, ás 21:30 horas. Durante a noite, a partir das 22:00 horas, actuará o grupo Diamante e a partir 23:45h será a actuación da Orquestra Kubo.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Procesión amiense de A Madalena y pirotecnia tras un exitoso Millarock"




