Pestanas principais

O Milladoiro acollerá o venres pola tarde a cuarta edición do Día do Deporte

Luns, 12 de setembro de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, está preparando unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte que se desenvolverá na área deportiva do Milladoiro. Este venres 16 de setembro, en horario de 16.00 a 20.30 horas, os veciños e veciñas de todas as idades poderán gozar de varias actividades deportivas axeitadas a todos os gustos. Todas as persoas que participen en cinco actividades, recibirán un agasallo. Haberá actividades como fútbol sala, baloncesto, patinaxe, piragüismo, judo, taekwondo, actividades dirixidas, tenis, atletismo, golf, criquet, etc. Tamén se fará unha exhibición de spinning e ioga.

O deporte é necesario. É unha actividade lúdica e mental que mellora a calidade de vida de quen o practica. Ademais, non só é beneficioso para pór en forma o corpo senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lle guste no Día do Deporte de Ames.

Este venres 16 de setembro pola tarde, na área deportiva do Milladoiro, haberá actividades de grupo, impartidas por clubs de Ames, como son o fútbol sala, baloncesto, patinaxe, piragüismo, judo, taekwondo, actividades dirixidas, tenis, atletismo, golf, criquet, etc. Tamén haberá unha exhibición de spinning e ioga, ambas as dúas modalidades están incluídas no programa Ponte en forma das Escolas deportivas municipais.

Ofrécese unha extensa oferta deportiva que se ofertará ao longo de catro horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. Dende a Concellería de deportes seguen a apostar polo lema de Ames é deporte, Ames é saúde.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o Día do Deporte está dirixido a todos e todas as amesás de todas as idades que poderán gozar de varias actividades deportivas axeitadas a todos os gustos. Todas as persoas que participen en cinco actividades, recibirán un agasallo. Ao longo desta semana damos inicio ao curso deportivo en Ames abrindo o prazo de inscrición nas Escolas deportivas municipais e coa celebración do Día do Deporte”.

O Milladoiro acollerá o venres pola tarde a cuarta edición do Día do Deporte

Multimedia

  • O Milladoiro acollerá o venres pola tarde a cuarta edición do Día do Deporte