- Tematica
Esta fin de semana, o pavillón municipal do Milladoiro acollerá dúas competicións de patinaxe artística, ámbalas dúas organizadas polo Club de Patinaxe Artístico Omega. A primeira delas será o Campionato Provincial de categorías Benxamín a Infantil, que terá lugar o sábado día 12 a partir das 10.00 horas e que se extenderá ata ben entrada a tarde. Por outro lado, o domingo día 13, tamén a partir das 10.00 horas, celebrarase o I Open Galego de patinaxe, unha iniciativa que se estrea por primeira vez no que patinadoras e patinadores de toda Galicia, de diferentes niveis de categoría nacional que non chegaron a clasificarse para o Campionato Galego, realizarán as súas exhibicións de final de temporada.
Esta fin de semana, os días 12 e 13 de xullo, o pavillón municipal do Milladoiro acollerá dúas competicións de patinaxe artística, ámbalas dúas organizadas polo Club de Patinaxe Artístico Omega. Por unha banda, o sábado, desde as 10.00 horas, celebrarase o Campionato Provincial de categorías Benxamín a Infantil, unha competición que, no caso de acadar as puntuacións mínimas, supón a clasificación para o Campionato Galego, que se celebra no mes de setembro.
Nesta competición participarán arredor de 30 patinadoras da provincia da Coruña que loitarán por facerse cun pase para o Campionato Galego. Pola súa banda, o CPA Omega estará representado por 4 patinadoras: unha en categoría benxamín, Arianna Pérez, e tres delas en Alevín; Adela Tarrío, Aroha Traba e Claudia Veiga.
I Open Galego
Ademais, o domingo, tamén a partir das 10.00 horas, celebrarase o I Open Galego, unha cita na que participarán máis de 50 patinadoras e patinadores chegados de toda Galicia de diferentes niveis en categoría nacional.
A posta en marcha desta iniciativa vén motivada para que as patinadoras e patinadores que non obtiveron a nota mínima para clasificarse ao Campionato Galego, poidan seguir adestrando e competindo, evitando así que rematen a temporada con meses de antelación e continuar mellorando e mantendo un alto nivel de competición.
Novas relacionadas:
AMSGO!: "Os días 12 e 13, Campionato Provincial de Benxamín Infantil e o I Open Galego de patinaxe artística"
Diario de Santiago: "O Milladoiro acollerá esta fin de semana o Campionato Provincial de Benxamín Infantil e o I Open Galego de patinaxe artística"






