[08-06-2013] O vindeiro luns, 10 de xuño, comezará no Milladoiro o evento “Merca e Tapea”, organizado pola Asociación de Empresarios do Milladoiro (AEMI) e que conta coa colaboración do Concello de Ames. Ata o sábado, 15 de xuño, haberá importantes descontos nas tendas do Milladoiro e entre o xoves 13 e o domingo 16 poderase gozar das tapas que sirvan os bares desta mesma localidade. Con esta actuación preténdese impulsar o sector hostaleiro e comercial local.
Deste xeito, a iniciativa divídese en dúas que se complementan: Merca, con descontos e promocións nas tendas, e Tapea, con ruta de tapas. O evento Merca terá lugar do 10 ao 15 de xuño e nel colaboran 52 comercios do Milladoiro. Neles, haberá descontos e promocións. Ademais, por cada compra que se realice, os clientes terán oportunidade de participar en sorteos.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o comercio desta localidade, que ofrecerá descontos e promocións especiais durante eses días. Por cada compra que se realice nestes comercios os clientes terán a oportunidade de participar no sorteo de agasallos. Haberá que cumprimentar un cupón cos datos persoais de cada persoa que realice unha compra e a continuación depositalo nos buzóns habilitados para tal fin en cada comercio.
Pola súa banda, o evento Tapea terá lugar do xoves 13 ao domingo 16 de xuño e nel colaboran 14 establecementos hostaleiros. O custe do petisco será de 1,50 euros. Tanto para participar no sorteo de regalos como para votar o local e tapa favoritos, será necesario realizar a ruta completa e conseguir o selo de todos os establecementos participantes. Deberá solicitarse ao persoal de cada local que sele o libriño no espazo correspondente.
Estes libriños estarán dispoñibles en todos os establecementos participantes, así como nas diferentes dependencias municipais, tanto do Milladoiro como de Bertamiráns.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Degustaciones y gangas hasta el día 16 en O Milladoiro"
La Voz de Galicia: "Milladoiro se viste de rosa para promocionar su sector comercial"
La Voz de Galicia: "Milladoiro abre una semana de grandes descuentos en 52 comercios y una ruta de tapas"




