Pestanas principais

O Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu Concerto singular

Mércores, 17 de outubro de 2018

[17-10-2018] O próximo venres, 19 de outubro, o grupo Píscore poñerá ao público na tesitura de decidir cal dos seus catro compoñentes é capaz de tocar a marimba de xeito máis orixinal e abraiante. Este Concerto singular, no que se mesturan comedia xestual e música en directo, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.00 horas. As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica, cun prezo de catro euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

Concerto singular xira en torno ao conflito que se desata cando catro prestixiosos músicos se atopan con 16 baquetas pero unha soa marimba para levar a cabo a súa actuación. Deste xeito, Píscore embarcarase nunha batalla musical na que cada un dos compoñentes tentará demostrarlle ao público que el é o que merece conducir ese concerto.

Ao longo deste sketch musical mesturaranse sons e interpretacións musicais virtuosas co máis clásico da comedia xestual, co obxectivo de que o público de todas as idades goce e se divirta con esta peza. Unha obra que acadou o premio do público Festiclown 2018, e se converteu no espectáculo mellor valorado do abono Domingos Principal 2018.

As entradas para asistir a este espectáculo xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica, mentres que só un 10% se reservarán, como é habitual, para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo. O custo das entradas é de 4 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

Contido relacionado


Lindeiros: "Píscore leva o seu Concerto Singular a Ames"
Amsgo: "O Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu Concerto singular"
Compostela 24 horas: "Milladoiro acollerá a batalla musical do grupo Píscore no seu "Concerto singular""