Pestanas principais

O Milladoiro acolle mañá a primeira xornada do programa “Volta ao cole co comercio”

Xoves, 08 de setembro de 2022

Co fin de dinamizar o comercio e a hostalaría local durante o comezo do curso escolar, a Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza as xornadas de “Volta ao cole co comercio”, dúas tardes de propostas lúdicas e sorteos que se desenvolverán o venres 9 de setembro, no Milladoiro, e o martes 13, en Bertamiráns. A xornada do martes 13 realizarase ese día sempre e cando non chova. Informarase ao respecto o luns 12 de setembro. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas, ademais de contar con arredor de 160 premios valorados en máis de 2.000 euros.

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, van acoller os días 9 e 13 de setembro, respectivamente, dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría dos dous principais núcleos de Ames. O programa de  “Volta ao cole co comercio” comeza mañá no Milladoiro e continuará a vindeira semana en Bertamiráns. A xornada do martes 13 realizarase ese día sempre e cando non chova. Informarase ao respecto o luns 12 de setembro.

Trátase dunha iniciativa que organiza por primeira vez a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración de XEA, e que se desenvolverá de 17:00 a 21:00 horas, con dúas franxas horarias diferenciadas.

En primeiro lugar, e ata ás 19:00 horas, será a quenda das nenas e nenos dos 3 aos 11 anos, mentres que na segunda metade do serán tomarán a remuda os mozos e mozas de 12 a 18 anos. Os rapaces e rapazas que asistan aos eventos poderá gozar de diversas actividades adaptadas ás diferentes idades, como inchables, xogos do mundo, coches a pedais, tiro con arco, escalada nun rocódromo con tirolina, ou mesmo un toro mecánico.

Todas estas propostas lúdicas estarán acompañadas do sorteo duns 160 premios, valorados en máis de 2.000 euros, e que inclúen agasallos de electrónica e vales de compra para establecementos relacionados coa volta aos centros de ensino, como por exemplo papelarías, librarías ou tendas de roupa para nenas e nenos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “por mor das predicións meteorolóxicas que daban choiva para o luns 5 e martes 6 de setembro, tiveron que adiarse as xornadas de Volta ao cole co comercio para o venres 9 de setembro no Milladoiro e o martes 13 en Bertamiráns. Haberá que agardar ao luns 12 pasa saber se a xornada do martes 13 en Bertamiráns se pode celebrar ese día”.

Ademais, destaca que “con esta proposta queremos seguir dinamizando o comercio, dando vida as nosas rúas e tamén premiar aos nosos peque-veciños e veciñas, mozos e mozas, por estes dous anos de volta ao cole tan raros e duros. Coa volta aos centros de ensino as nais e pais invisten moito no comercio e á hostalaría local, por iso queremos un día de festa para as familias, que ademais sirva para seguir axudando ao noso tecido comercial”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Tarde de actividades para cativos e mozos no Milladoiro co Concello e XEA"

O Milladoiro acolle mañá a primeira xornada do programa “Volta ao cole co comercio”

Multimedia

  • O Milladoiro acolle mañá a primeira xornada do programa “Volta ao cole co comercio”