Pestanas principais

O Mago de Oz chega ao escenario da Casa da Cultura do Milladoiro

Luns, 11 de febreiro de 2019

[11-02-2019] O vindeiro venres, 15 de febreiro, o escenario da Casa da Cultura do Milladoiro converterase por unhas horas no máxico mundo de Oz, un lugar no que Dorothy, Espantallo, Homelata e León vivirán unha chea de aventuras e perigos para alcanzar os seus desexos. Dirixido a toda a familia, as entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. O 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

Dorothy é unha rapaza cunha vida do máis normal, ata que un día un tornado a arrinca do seu Kansas natal e a deixa no marabilloso mundo de Oz. Unha vez alí, Dorothy comezará a crer que as bruxas, os magos e a maxia si existen, e xunto a amigos que irá coñecendo neste novo lugar como Espantallo, Homelata, León e a Bruxa Glinda, percorrerá este descoñecido mundo ata atopar o famoso Mago de Oz, o único que pode devolvela á súa casa.

Avento Producións Teatrais trae a Ames este musical familiar con cancións, bailes e aventuras para toda a familia. As entradas para este espectáculo, que comezará ás 18.00h, xa están dispoñibles na Billeteira electrónica cun custo de 4 euros en tarifa xeral, con descontos do 50% para maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. O 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

Contido relacionado


Lindeiros: "O Mago de Oz pasa por Ames"
Compostela 24 horas: "O Mago de Oz chega ao escenario da Casa da Cultura do Milladoiro"