[30-09-2015] O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 2 de outubro, o espectáculo infantil: “Volta á maxia”, que corre a cargo de Dani García. As entradas para asistir a esta función, que comezará ás 18:30 horas, teñen un prezo de catro euros para os maiores de 12 anos e os que posúan carné de estudante ou sexan maiores de 65 anos terán un desconto do 50%. Poden reservarse ata o propio venres ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou no enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural do outono 2015.
Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde se lle dará unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar.
Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un sorpresivo efecto final, unha derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. Esta é unha obra de maxia infantil, que está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Este espectáculo representarase na Casa da Cultura do Milladoiro.
As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos e os menores desa idade terán un desconto do 50 por cento así como os que posúan carné de estudante e os maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o venres 2 de outubro, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org.
As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas e as que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 pases por persoa.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Tarde de magia y anochecer con teatro y música en Ames"




