Pestanas principais

O luns 23 de marzo remata o prazo para realizar a preinscrición de novo alumnado nos colexios de infantil e primaria para o curso 2015-2016

Mércores, 18 de marzo de 2015

[18-03-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación, informa de que o vindeiro luns, 23 de marzo, remata o prazo para preinscribir aos nenos e nenas que iniciarán durante o vindeiro curso 2015-2016 estudos nos colexios de educación infantil e primaria. A solicitude haberá que presentala no propio centro escolar onde os pais/nais desexan matricular aos seus fillos/as.