[01-06-2017] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade dá conta da comunicación emitida polo Instituto Galego de Estadística na que se informa de que durante as vindeiras semanas se vai a realizar unha operación estadística denominada "Enquisa estrutural de Fogares". Está campaña está dirixida a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, entre as que figuran vivendas do concello de Ames. As visitas realizaranse entre o 5 de xuño e o 9 de xullo por un entrevistador/a debidamente acreditado para cubrir o cuestionario estadístico.
Trátase dunha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como o nivel de estudos, os ingresos e gastos do fogar e dos seus membros. Está campaña está dirixida a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, entre as que figuran vivendas do concello de Ames. As visitas realizaranse entre o 5 de xuño e o 9 de xullo por un entrevistador/a debidamente acreditado para cubrir o cuestionario estadístico.
As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estadística na que se lle informa da obriga de facilitar os devanditos datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988, de19 de xullo, de Estadística de Galicia, e de que a información é estritamente confidencial e está protexida, segundo establecen os artigos 24-28 da citada lei. Se algún fogar dos seleccionados necesita algunha información pode poñerse en contacto co Instituto Galego de Estadística chamando ao número de teléfono gratuíto 900 102 104, en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El Instituto Galego de Estatística realizará en Ames una encuesta estructural sobre los hogares"
El Correo Gallego: "O IGE vai a realizar en Ames unha enquisa estrutural de fogares"




