[23-06-2011] Este mércores, a sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), acolleu o acto institucional, que se celebra anualmente para conmemorar o traballo realizado polos corpos da policía local de Galicia. Neste acto entregáronselles os diplomas aos alumnos e alumnas que superaron os cursos selectivos de ingreso e promoción á policía local na Academia (neste caso a 6ª e 5ª promoción de policías, 2ª promoción de oficiais, de inspectores e inspector principal e a primeira promoción de intendente principal da policía local). Ademais, entregáronse os distintivos de permanencia a aqueles membros dos corpos da policía local que superaron os 25 anos de servizo no corpo, entre os que se atopaba o inspector e xefe da Policía local de Ames, José Antonio Rodríguez. O inspector estivo acompañado do alcalde de Ames, Santiago Amor.

Neste acto entregáronselles os diplomas aos alumnos e alumnas que superaron os cursos selectivos de ingreso e promoción á policía local na Academia (neste caso a 6ª e 5ª promoción de policías, 2ª promoción de oficiais, de inspectores e inspector principal e a primeira promoción de intendente principal da policía local).
O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Ademais, contou coa presenza de máis dunha decena de alcaldes que apoiaron coa súa presenza os seus policías locais, ademais de personalidades e mandos das forzas e corpos de seguridade, coma o xefe superior do corpo nacional de policía, o comisario da UPA, ou o tenente coronel da Zona XV da Garda Civil.
A Policía local de Ames comezou a funcionar no ano 1985 cun só garda. Naquel momento o concello tiña ao redor de 10.000 habitantes pero foi medrando e paralelamente a el aumentaron os efectivos policiais. Na actualidade son 25 os axentes de seguridade que forman a Policía local de Ames. As últimas incorporacións producíronse no mes de agosto de 2009. Os 25 integrantes do corpo de seguridade de Ames están integrados por un inspector, dous oficiais e vinte e dous policías.
O 21 de xaneiro de 1985 comezou a funcionar o servizo da Policía local de Ames. Dende esa data xa pasaron moitos anos nos que o corpo de seguridade amiense experimentou profundos cambios. Esta unidade policial comezou a operar cun so efectivo. Xosé Antonio Rodríguez, actual sarxento da Policía local, foi o primeiro axente que ingresou neste departamento municipal. Tras el chegaron máis efectivos pero Xosé Antonio recorda aqueles anos "nos que tiña que encargarme eu de todo e só tiñamos un vehículo policial".
Este mércores, con motivo do acto que se celebra todos os anos na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para conmemorar o traballo dos corpos da policía local de Galicia, o inspector e xefe da Policía local de Ames, José Antonio Rodríguez, recibiu o distintivo que acreditan os seus máis de 25 anos de servizo. O inspector estivo acompañado do alcalde de Ames, Santiago Amor.




