Pestanas principais

O IES do Milladoiro acollerá o vindeiro luns 9 de setembro pola tarde unha xornada de portas abertas

Sábado, 07 de setembro de 2013

[07-09-2013] O IES do Milladoiro, que se porá en funcionamento o vindeiro 16 de setembro co inicio do curso escolar, acollerá este luns pola tarde unha xornada de portas abertas dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de preto as instalacións do centro.

O obxectivo desta xornada de portas abertas, organizada pola dirección do IES en colaboración co Concello de Ames, é que os pais e nais de alumnos/as que cursarán estudos no novo centro e a cidadanía do Milladoiro en xeral poidan coñecer de preto os servizos que ofrece o novo IES.

A xornada de portas abertas terá lugar na tarde do luns, 9 de setembro. Ao longo da tarde haberá dúas quendas de visita. A primeira será ás 19:00 horas e a segunda, ás 20:00 horas. Coincidindo coa primeira destas quendas, realizarase unha visita institucional á que están invitados todos os membros da Corporación municipal.

O IES do Milladoiro comezará a funcionar o vindeiro 16 de setembro, co inicio do curso escolar 2013-2014. Nesta infraestrutura investíronse máis de 6 millóns de euros. O novo centro educativo contará cun programa formativo de 4 liñas de ESO e 2 liñas de Bacharelato nas dúas modalidades –Ciencias e Humanidades-; albergará 22 aulas polivalentes e 2 de pequeno grupo -16 de ESO e 8 de Bacharelato-, 3 laboratorios, 2 aulas taller, 2 aulas de plástica, 1 de debuxo, 2 aulas de música e 2 de informática, ademais das instalacións deportivas; e arrancará cun equipo docente de arredor de 25 profesores, co obxectivo de incrementalo ata case duplicalo e chegar a preto de 50.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Cuenta atrás para el IES Milladoiro"
La Voz de Galicia: "El nuevo IES de Milladoiro se estrena el lunes con una tarde de puertas abiertas"