[02-07-2014] O pasado venres, 27 de xuño, o IES de Ames recibiu en Madrid o Premio Nacional de Educación polo fomento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas aulas. Este premio, que está dotado con 10.000 euros para o instituto amiense, xa foi notificado anteriormente pero a semana pasada a directora do IES de Ames foi a encargada de recoller o diploma de mans do director do CSIC e do presidente do Consello Escolar do estado. Este premio foi concedido polo estudo que fixo o alumnado do IES de Ames sobre os petróglifos que existen no municipio amiense. A través deste traballo descubríronse dous petróglifos que non estaban catalogados.
A finais do curso 2012-2013 os alumnos/as de segundo de bacharelato e os rapaces e rapazas de primeiro da ESO participaron nun traballo escolar a través do cal fixeron un estudo dos petróglifos que existen no municipio amiense. Neste traballo descubriron dous petróglifos que non estaban catalogados. Este estudo estivo coordinado pola profesora, Eva Garea, e pola alumna de segundo de bacharelato, Yeni Teo Loy. Neste traballo tamén participaron a profesora Margarita Olivar e o profesor Juan Gil López.
Este estudo foi recoñecido co Premio Nacional de Educación polo fomento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas aulas, que ten unha dotación económica para o IES de Ames de 10.000 euros. Este premio xa lle foi comunicado o instituto amiense hai uns meses, pero a semana pasada tiveron que recoller o diploma que acredita ó instituto amiense como ganador do devandito premio. A directora do IES de Ames, Marisol Louro, foi a encargada de ir recoller o diploma de mans do director do CSIC e do presidente do Consello Escolar do Estado.

Contido relacionado

El Correo Gallego: "O IES de Ames recolle en Madrid o Premio Nacional de Educación polo proxecto Os petróglifos de Ames"
La Voz de Galicia: "El IES de Ames recoge en Madrid el Premio Nacional de Educación por el proyecto Os petroglifos de Ames"




