Pestanas principais

O I Campus Voleibol Bruxas contará cunha ampla oferta de actividades gratuítas en xullo

Xoves, 20 de xuño de 2019

O Club de Voleibol Bruxas organiza o I Campus de Voleibol Vitaldent Santiago Bruxas, que se desenvolverá en dúas quendas do 1 ao 12 de xullo. Dirixido a nenas e nenos de 8 a 16 anos, os participantes poderán inscribirse ata o 29 de xuño nesta actividade gratuíta, que contará coa asistencia de adestradores do Bruxas e xogadores/as dos equipos de Superliga 2 masculina e de 1º División nacional feminina. Para optar a algunha das 30 prazas dispoñibles é preciso inscribirse a través do número de teléfono 699 592 196 ou mediante o envío dun correo electrónico a cvbruxas.campus@gmail.com.

Coa chegada do verán, o deporte convertese nunha das opcións máis socorridas para gozar do bo tempo e aproveitar as horas libres. Con este obxectivo xurde o Campus de Voleibol Vitaldent Santiago Bruxas, que supón unha oportunidade para que rapazas e rapaces aproveiten o tempo libre para gozar do voleibol baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que as/os participantes teñan tardes cheas de diversión, actividades e aprendizaxe. O Campus transcorrerá durante as dúas primeiras semanas de xullo no pavillón municipal de Bertamiráns, e dividirase nunha primeira quenda entre o luns 1 e o venres 5, e unha segunda que terá lugar do 8 ao 12 de xullo.

Asemade, este Campus estará orientado para nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. Entre as 17.00 e as 18.00 horas participará a rapazada de 8 a 11 anos, mentres que a xuventude de 12 a 16 anos farao de 18.00 a 19.30 horas. Esta iniciativa trátase dunha experiencia multidisciplinar en torno ao voleibol, máis os rapaces e rapazas participantes tamén realizarán exercicios de coordinación, xogos de equipo, actividades lúdicas e competicións internas, ademais de distintos xogos de iniciación ao voleibol e ao volei praia.

Como inscribirse
A inscrición nesta actividade é gratuíta, e pode realizarse a través do enderezo de correo electrónico  cvbruxas.campus@gmail.com ou mediante unha chamada ao teléfono  699 592 196. Existe un número máximo de 30 prazas dispoñibles. A data de inscrición remata o vindeiro sábado, 29 de xuño.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "I Campus Voleibol Bruxas chega para celebrarse no mes de xullo"

Cartel do primeiro campus de voleibol Bruxas

Multimedia

  • Cartel do primeiro campus de voleibol Bruxas