[29-05-2018] Este venres, 1 de xuño, o grupo municipal de teatro de Ames representará en estrea a obra O velorio de Xan Outeiro. Será ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A peza, que está dirixida por María Ordóñez, é unha comedia negra arredor da morte dun narcotraficante na Galicia profunda. As entradas, que son de balde, xa están esgotadas na billeteira electrónica municipal. Porén, as persoas interesadas en acudir á función poden tentar conseguir a súa entrada, de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. A peza está dirixida a un público adulto.
A trama da peza xira arredor de Xan Outeiro, quen está a piques de morrer e quere o mellor velorio que se teña visto nunca. Porén, de onde van saír os cartos para pagar tal velorio? Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Carlos Labraña, Noemí Graña, Paz Romai, Emilia Mayo, Pablo Núñez, Dante Bussolari, Pilara Gómez, Carmela Pardal, Eva García e Patricia López.
A obra O velorio de Xan Outeiro estrearase este venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21:00 horas. As entradas, que son de balde, xa están esgotadas na Billeteira electrónica municipal. Porén, o 10% dos convites resérvanse para entregar, de xeito presencial, desde unha hora antes do comezo do espectáculo.
Contido relacionado

Lindeiros: "O grupo de teatro de Ames estrea O velorio de Xan Outeiro"
Compostela 24 horas: "El grupo municipal de teatro de Ames estrena este viernes la obra O velorio de Xan Outeiro"




