[13-09-2012] O grupo municipal de teatro retoma a súa actividade despois dunha pequena parada durante a época estival. Este venres, 14 de setembro, representan a súa última produción O Médido a paus no Fórum Metropolitano da Coruña. A representación terá lugar a partir das 20:30 horas e as entradas terán un custo de 2 euros. O Médico a paus é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro afeccionado, que naceu hai nove anos en forma dun obradoiro de interpretación. Ademais, este ano representarán esta mesma obra en Ribeira, Porto do Son e abrirán a VI Mostra de teatro Afeccionado de Ames o próximo 5 de outubro.
Este venres, 14 de setembro, o grupo municipal de teatro de Ames representará a súa última produción O Médico a paus no Fórum Metropolitano da Coruña. A actuación terá lugar a partir das 20:30 horas. As entradas para ver esta obra de teatro poden adquirirse no propio Fórum Metropolitano e terán un custo de 2 euros.
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o pasado 26 de maio a estrea desta obra. O Médico a paus é o nome da última peza que preparou este grupo de teatro afeccionado, que naceu hai nove anos en forma dun obradoiro de interpretación. Ademais, este ano representarán esta mesma obra en Ribeira, Porto do Son e abrirán a VI Mostra de teatro Afeccionado de Ames o próximo 5 de outubro.
Despois de representar a obra do italiano Goldoni, indagar no absurdo da man do alemán Karl Valentín, atreverse con Nunca nada de ninguén da autora portuguesa Luísa Costa Gomes, representar a obra O porvir está nos ovos, de Eugéne Ionesco, agora o grupo municipal de teatro representa O Médico a paus, de Molière. Nesta comedia, a ollada perspicaz pon o foco na ciencia dos médicos, ao tempo que esboza un retrato das mulleres a cabalo entre a discriminación e maltrato físico, moral e social.
Esta peza teatral está dirixida por Mónica Camaño. O vestiario e a escenografía correu a cargo dos propios actores e o deseño de iluminación ten a firma de Ze Paredes, quen xa preparou as catro últimas montaxes do grupo. O elenco artístico está composto por Manel Pardo, Emilia Mayo, Rosana González, Tati Duro, Pablo de Prado, Paz Romai, Carmela Pardal, Patricia Quintiá e Pilara Gómez.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "O grupo de teatro de Ames actuará no Fórum Metropolitano da Coruña"




