Pestanas principais

O grupo Maianas ameniza o acto conmemorativo do Día de Galicia en Ames

Xoves, 21 de xullo de 2011

[21-07-2011] Hoxe, xoves 21 de xullo o concello de Ames leva a cabo a celebración Institucional do Día de Galicia ás oito e media da tarde no pazo da Peregrina de Bertamiráns. A actuación do grupo de pandereteiras amiense Maianas, aportará a nota musical a un acto no que non faltarán os discursos dos representantes políticos e do alcalde de Ames.

Como cada ano o concello de Ames quere conmemorar o Día de Galicia dun xeito especial cun acto no Pazo da Peregrina no que os voceiros dos tres grupos políticos e o alcalde darán un discurso. Pilar Candocia, voceira do BNG, Carlos Fernández, voceiro do PSOE e Ramón G. Argibay, voceiro do PP, darán cadanseu discurso, o mesmo que fará o rexedor, Santiago Amor.

O grupo Maianas actuará en tres ocasións rematando coa interpretación do himno de Galicia. Este grupo amiense está composto integramente por mulleres. Lidia Gallas, Ainoa Rayas, Irene Nieto, Cruz Negreira e Inés Suárez encargaranse de amenizar coa súa música este acto institucional.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Las amienses As Maianas amenizaron el Día de Galicia"