Pestanas principais

O grupo infantil Mamá Cabra presenta mañá en Ames o seu espectáculo Xa me tardan eses Magos

Mércores, 02 de xaneiro de 2013

[02-01-2013] Este xoves, 3 de xaneiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ás 18:00 horas o espectáculo musical Xa me tardan eses Magos, de Mamá Cabra. Este espectáculo está dirixido aos nenos e nenas amienses, que poden acudir acompañados dos seus pais e nais. As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. A venda de entradas está indo moi ben. Todos os billetes que estaban destinados á reserva de entradas xa están esgotados. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:00 h e as 17:30 horas. Os billetes que quedan aínda sen vender poderán mercarse a partir das 17:30 horas. Este concerto enmárcase dentro da programación cultural do Nadal 2012.

O grupo infantil Mamá Cabra ofrecerá un concerto este xoves, 3 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Deste xeito, presentará o espectáculo Xa me tardan estes Magos, no que renova as panxoliñas misturando poesía, folclore e temas propios cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Xa me tardan estes Magos é un disco que xurdiu coa intención de renovar as panxoliñas. Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Este grupo de música infantil está formado por sete músicos; batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. Para facer o seu repertorio baséanse en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén teñen cancións propias ou temas que adaptamos do noso folclore.

Venta de entradas
As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura de Bertamiráns. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. A venda de entradas está indo moi ben. Todos os billetes que estaban destinados á reserva de entradas xa están esgotados. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:00 h e as 17:30 horas. Os billetes que quedan aínda sen vender poderán mercarse a partir das 17:30 horas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O grupo infantil Mamá Cabra presenta mañá en Ames o seu espectáculo Xa me tardan eses Magos"