Pestanas principais

O grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo representará en Bertamiráns a peza teatral “O médico a paus”

Martes, 25 de xuño de 2013

[25-06-2013] Este martes 25 de xuño, ás 19:00 horas, o grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo presenta na Casa da Cultura de Bertamiráns a súa última produción “O médico a paus”, de Moliere. Previamente, esta mesma obra de teatro representouse na Casa da Cultura do Milladoiro o pasado martes 18 de xuño. Ademais, o venres 28 de xuño, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a representación de “Bodas de Sangre”, do grupo de Teatro Down Compostela. Estas representacións serán de balde. Poderase acceder ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ata completar aforo.

Durante o mes de xuño continúa a programación teatral no concello de Ames a cargo do grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo e do grupo de Teatro Down Compostela. Este martes 25 de xuño, ás 19:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación de O médico a paus, de Moliere, a cargo do grupo de teatro do Hospital psiquiátrico de Conxo.

Trátase dunha versión de Lucas Herrador segundo a tradución de Leandro Fernández de Moratín. O reparto de O médico a paus está composto por Manuel Valiño, Susana Amor, Lucas Herrador, José María Varela, Ana María Rodríguez, Isaura Blanco, María Castro, Pilar Sánchez e Joaquín López. A dramaturxia e dirección corre a cargo de Lucas Herrador, mentres que da produción encargáronse La Caixa e o Hospital psiquiátrico de Conxo.

O grupo de teatro do Hospital Psiquiátrico de Conxo creouse no ano 2008 co obxectivo de que os seus integrantes comprendesen, amasen e gozarán cos interpretación teatral. Durante cinco anos representaron 12 obras: “Las muchas historias”, “Conto de Nadal”, “As letras galegas” “Ubú rey”, “Las reinas magas pasaron por el hospital”, “La tempestad”, “O saxofonista da rúa vella”, “Rosalía de Castro”, “Las pruebas de Hércules”, “Luces de tolemia” “Autobús a Belén” e “O médico a paus”. Deste xeito, deron vida a Shakespeare, Valle-Inclán, Alfred Harry, Rosalía de Castro e realizaron readaptacións de clásicos e obras orixinais.