[06-05-2011] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a representación da obra teatral "Historia de Pura e Angelita", do grupo de teatro da Universidade de Santiago de Compostela. ‘Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz’ é, segundo os seus creadores, un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, no que se trata de reflexionar sobre unha realidade, aínda que ambientada no ano 1959, non tan afastada no tempo. A obra representarase ás 21:00 horas. Esta representación encádrase dentro da programación teatral que leva a cabo, ao longo de todo o ano, o Concello de Ames.
O teatro volve a Ames coa representación de "Historia de Pura e Angelita". A obra, do grupo de teatro da Universidade de Santiago de Compostela, representarase este venres, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. ‘Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz’ é, segundo os seus creadores, un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, no que se trata de reflexionar sobre unha realidade, aínda que ambientada no ano 1959, non tan afastada no tempo.
‘Historia de Pura e Angelita’ é a última montaxe da Aula de Teatro da USC en Santiago e está dirixida por Roberto Salgueiro. Trátase dun conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se agocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.
Tras pasar polos festivais universitarios da Universidade de Santiago e da mostra de Ourense, a obra poderá verse este fin de semana no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Será o venres 6 de maio, a partir das 21:00 horas. A obra, dirixida por Roberto Salgueiro, vaise representar ao longo deste curso, durante o que a Aula de Teatro da Universidade conmemora o vinte aniversario da súa creación.
A Aula de Teatro da USC acadou o premio dos espectadores na Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A representación da obra ‘Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz’ recibiu o recoñecemento do público durante a última edición da mostra. A concesión deste galardón, recollido polo vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, coincide coa celebración do vinte aniversario de creación da compañía.
Grupo municipal de teatro de Bertamiráns
Ademais, durante esta fin de semana o grupo municipal de teatro de Bertamiráns representará na Casa da Cultura de Muros a peza teatral "Atraso". Dirixida por Nazaret López, a obra localizase na Estación Central do Continente Galichia, na que diversos personaxes se atopan cun único obxectivo: esperar a chegada do transporte que ten que levalos ás Illas Gozosas, máis este tarda en chegar, e é aí onde os distintos individuos que esperan empezan a comunicarse para plasmar de cara ao público a pregunta fundamental da peza: "¿Decide un o seu camiño, ou é o camiño o que decide por un?". Pero aquí non acaban as funcións que representará o grupo municipal de teatro de Bertamiráns xa que o día 14 de maio actuará en Negreira e o día 5 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro.




