Pestanas principais

O grupo de teatro afeccionado brionés Trangalleiro Teatro representa este venres a obra “O enfermo imaxinario”

Mércores, 12 de xuño de 2013

[12-06-2013] O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres 14 de xuño, ás 21:00 horas, a representación da obra “O enfermo imaxinario”, que será posta en escena polo grupo de teatro afeccionado brionés Trangalleiro Teatro. A entrada é totalmente libre e de balde. Este grupo de teatro está composto por nove veciños e veciñas de Brión de idades comprendidas entre os 50 e os 65 anos. Esta obra ten unha duración de hora e dez minutos. “O enfermo imaxinario” de Trangalleiro é unha adaptación da coñecida obra teatral do dramaturgo francés Molière.

Trangalleiro Teatro é un grupo de teatro formado por nove veciños e veciñas de Brión, de entre 50 e 65 anos. Este venres 14 de xuño, ás 21:00 horas, representan na Casa da Cultura de Bertamiráns a obra “O enfermo imaxinario” de Molière, nunha montaxe realizada por eles mesmos con moito entusiasmo.

“O enfermo imaxinario” de Trangalleiro é unha adaptación da coñecida obra teatral do dramaturgo francés Molière. Nela nárrase a historia dun home hipocondríaco que quere casar á súa filla cun médico para garantirse un tratamento de por vida. A comedia ten unha duración de 1 hora e 10 minutos e está dirixida por Elisa Framil e Sergio Lago.

Esta obra foi estreada o pasado 23 de novembro no Centro Social Polivalente de Brión. A segunda representación da obra tivo lugar o domingo 25 de novembro no mesmo Centro Social Polivalente. Esta peza teatral tamén se representou no teleclube de Ons o pasado 15 de decembro dentro do ciclo de teatro afeccionado Pedra do Moucho.