[06-08-2013] O grupo de cantareiras As Maianas, de Ames, está participando no concurso Vas sacar nota, organizado pola Radio Galega e do que na edición de 2012 acadou o premio do xurado.
Nesta ocasión, As Maianas participan coa canción 'Vaite co vento'. A fase de votacións deste concurso estará aberta ata o vindeiro 18 de agosto. As votacións poden facerse a través de internet, SMS ou teléfono. Toda a información sobre o concurso pode atoparse no seguinte enlace: http://blogs.crtvg.es/vas-sacar-nota/?p=621.
As Maianas é un grupo composto por seis cantareiras, que naceu no ano 2007 Defínense como “un grupo de mozas que gustamos de cantar, tocar, coñecer e darlles vida aos instrumentos tradicionais”. O grupo interpreta temas propios de corte tradicional, como a canción 'Xa te olvidaches de min', coa que gañaron o premio do xurado no Vas sacar nota 2012.
En 2011 presentaron o seu primeiro traballo discográfico como como Maianas, composto de 11 temas e que leva por título 'Como canta'. Compoñen as Maianas Ruth, Lidia, María, Irene, Ainoa e Inés.