Pestanas principais

O grupo amesán As Maianas participa no concurso Vas sacar nota 2015 da Radio Galega coa canción "O cantar das Maianas"

Mércores, 19 de agosto de 2015

[19-08-2015] O grupo de cantareiras As Maianas está participando no concurso Vas sacar nota 2015, organizado pola Radio Galega, coa rumba "O cantar das Maianas". As persoas que desexen votar por esta canción poderano facer a través da Internet ou polo teléfono. A fase de votacións deste concurso estará aberta ata o xoves 28 de agosto. Este é o cuarto ano consecutivo no que este grupo musical de Ames participa neste concurso. Cómpre destacar que na edición de 2012 acadaron o premio do xurado coa canción "Xa te olvidaches de min".

Nesta ocasión, As Maianas participan no concurso Vas sacar nota coa rumba "O cantar das Maianas". A fase de votacións deste concurso estará aberta ata o día 28 de agosto. As votacións para o premio do público poden facerse a través da páxina web: http://www.crtvg.es/vas-sacar-nota/. Para votar a través desta web, só hai que rexistrarse e xa poderás acceder ás votacións, tendo dereito a votar unha vez ao día por IP.

Para votar polas Maianas tamén se pode chamar á Radio Galega. Polas mañás hai que chamar (981 540 956 /981 540 966) ao programa Galicia por diante, entre as 12:15 e as 12:45 horas aproximadamente, mentres que polas tardes hai que chamar (981 540 979/981 540 989) ao programa A tarde a partir das 18:30 horas.

Este é o cuarto ano consecutivo no que este grupo musical de Ames participan neste concurso. Cómpre destacar que na edición de 2012 acadaron o premio do xurado coa canción 'Xa te olvidaches de min'. No ano 2013 participaron neste concurso coa canción 'Vaite co vento', e o ano pasado fixérono coa canción "Sabes?".

Segundo indican dende o grupo As Maianas “somos un grupo de mozas cantareiras do Val da Maía, que dende o 2007 levamos a nosa música por toda Galicia. Nestes oito anos publicamos dous traballos discográficos, “Xota da Amaía” (2006) e “Como canta” (2007), colaboramos con recoñecidos grupos da nosa música e fomos gañadoras do concurso da Radio Galega “Vas Sacar Nota” (2012) e do “Novos Valores” (2015) do Festigal. Os nosos temas mesturan creacións propias con letras e melodías recollidas da tradición oral. Apostamos polos xogos vocais e acompañamos as voces con instrumentos tradicionais de percusión, introducindo tamén a guitarra, a frauta tenor ou o clarinete”.