Pestanas principais

O goberno reúnese coas clínicas veterinarias para presentarlle a campaña que se vai realizar sobre a implantación de microchips e a creación dun censo municipal de animais de compañía

Sábado, 22 de agosto de 2015

[22-08-2015] A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, mantivo unha xuntanza con representantes das clínicas veterinarias do municipio co obxectivo de presentarlle a campaña que o Concello de Ames vai a desenvolver durante os vindeiros meses. Deste xeito, explicóuselle que se van realizar dúas iniciativas diferentes, de xeito simultáneo, para promover a identificación dos cans no municipio, a través da implantación dos correspondentes microchips, e para crear un censo municipal de animais de compañía. As clínicas veterinarias acolleron de bo grao estas iniciativas e participarán nesta campaña. Ademais, chegouse a un acordo para unificar o prezo da colocación dos microchips aos animais.

Nesta xuntanza, na que participaron a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Catuxa García, así como unha representación dos profesionais veterinarios que traballan en Ames, abordáronse os detalles desta campaña, que se porá en marcha durante as vindeiras semanas por parte do goberno municipal. Este encontro tamén serviu de presentación do goberno municipal antes os representantes das clínicas veterinarias e de primeira toma de contacto entre ambas partes.

Esta reunión organizouse co obxectivo de informar ao colectivo profesional de veterinarios de Ames das dúas iniciativas que se levarán a cabo, de xeito simultáneo, dende a concellería de Medio Ambiente para a creación dun censo municipal de animais de compañía e para promover a implantación dos correspondentes microchips nestes mesmo animais. Cómpre lembrar que as cuestións que se abordarán nesta campaña son obrigatorias por lei. As clínicas veterinarias acolleron de bo grao estas iniciativas e participarán nesta campaña. Ademais, chegouse a un acordo para unificar o prezo da colocación dos microchips aos animais.

A idea que ten o goberno municipal é que unha vez que o animal teña implantado o microchip, o seu dono/a deberá achegarse polo Concello para inscribilo no censo de animais de compañía, co obxectivo de ter identificados e rexistrados o maior número posible de mascotas, facilitando así a localización do seu propietario en caso de perda, roubo, abandono ou maltrato do animal, casos nos que a lei contempla sancións elevadas.

Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Catuxa García, “solicitóuselle a todos os veterinarios a súa colaboración para que unifiquen o prezo da implantación dos microchips, para que lle resulte máis vantaxoso economicamente aos propietarios de animais de compañía. As clínicas veterinarias amesás contan co apoio do Concello de Ames neste e noutros eidos. Dende o goberno municipal estamos interesados en que se promova a implantación dos microchips en todas as mascotas, para regularizar, controlar e facilitar a identificación deste animais, tratando de evitar así os casos de abandono”.

Contido relacionado


"Ames impulsa un censo de animales de compañía con la colaboración de veterinarios"
"Ames creará un censo de mascotas e impulsará os microchips"
"Mascotas amienses y poltronas eternas"