Pestanas principais

O goberno municipal visita Quistiláns xunto aos membro da Asociación de veciños de Bugallido

Sábado, 28 de maio de 2016

[28-05-2016] O alcalde de Ames, José Miñones, acompañado do concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas, e Servizos Básicos, Blas García, e da concelleira de Participación e Atención veciñal, Isabel González, visitaron o lugar de Quistiláns para falar con varios membros da Asociación de veciños San Pedro de Bugallido. Nesta visita puideron comprobar o estado no que quedou a estrada que une os lugares de Outeiro (Bugallido) con Costoia (Biduído) ata o termo municipal de Santiago, despois das obras realizadas para a mellora do seu firme. Estes traballos que foron sufragados a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, tiveron un custo de case 100.000 euros.


O alcalde de Ames, José Miñones, destacou que “se tratou dunha visita informal para coñecer varias demandas que nos querían facer chegar dende a Asociación de veciños San Pedro de Bugallido. Ademais, este visita serviunos para comprobar o estado das estrada que une os lugares de Outeiro e Costoia ata o concello de Santiago. Unha vez rematadas as obras de aglomerado. Na actualidade estase reforzando a seguridade desta vía ao seu paso por Quistiláns co pintado de dous pasos de peóns e coa sinalización dunha curva que pode ser perigosa tanto para os condutores coma para os peóns”.

Sobre a mellora executada nesta estrada o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas, e Servizos Básicos, Blas García, incide en que “creo que este primeiro investimento feito nesta estrada é importante xa que se trata dunha vía moi transitada. Agora, unha vez feito isto, imos poñernos a traballar para conseguir facer unha senda peonil que conecte toda a estrada”.

Nesta visita o rexedor municipal comprometeuse cos veciños desta parroquia amesá a elaborar un proxecto para intentar arranxar a estrada que discorre polo interior do lugar de Quistiláns e que chega ata o cemiterio municipal que se atopa nos Batáns. Nesta visita os veciños trasladáronlle ao goberno municipal á necesidade de instalar un marquesiña, onde poida parar o autobús, na marxe dereita da estrada que discorre por Quistiláns cara o lugar de Costoia. Na actualidade existe unha parada de autobús na marxe esquerda, pero os veciños teñen que cruzar a estrada para coller o autobús co conseguinte perigo que iso implica xa que neste lugar existe unha curva.

Por outra banda, dende o goberno municipal trasladóuselle que a estrada que discorre polo lugar de Mourigade, tamén pertencente á parroquia de Bugallido, está incluída dentro dun plan provincial e está en proceso de licitación, ao igual que acontece coa de O Barreiro, polo que segundo explica o concelleiro de obras, Blas García, “agardamos que estas obras se poidan executar durante a época estival”. Por último, dende o goberno manifestáronlle aos veciños a intención de visitar o lugar de Firmistáns, para ver "in situ" o estado no que se atopa e programar algunha actuación de mellora.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los vecinos de Quistiláns necesitan mejoras en su núcleo y una marquesina"